Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes. As lapas seguen sen controlar no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar onde leva queimadas 30 hectáreas de terreo // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. 10/08/15 

Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes. As lapas seguen sen controlar no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar onde leva queimadas 30 hectáreas de terreo // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros. Piden que o Goberno propicie un acordo entre distribución, industria transformadora e produtores similar ao que se acadou en Francia // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. Dixo nunha entrevista en Radio Nacional en Galicia na que calificou de irresponsable a oposición do PSOE porque argumentou semellan máis preocupados polas súas pelexas internas que nos proxectos da provincia. 10/08/15

Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. 10/08/15 

Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña. DAvid Oubel, acusado do parricidio, segue no cárcere da Lama, pese a que está previsto trasladalo a outra prisión, fóra de Galicia, para evitar o perigo de que sexa agredido, no penal pontevedrés // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano. É o número dos que recibiron atención psicolóxica por ser testemuñas ou sufrir a violencia machista contra as súas nais // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta  para reactivar o emprego no sector naval. Un punto que as dúas administracións consideran imprescindible, segundo puxeron de manifesto o alcalde ferrolán, Jorge Suárez e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recibiu ao rexedor no seu despacho, en Santiago. 07/08/15

Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña. David Oubel, acusado do parricidio, segue no cárcere da Lama, pese a que está previsto trasladalo a outra prisión, fóra de Galicia, para evitar o perigo de que sexa agredido, no penal pontevedrés // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano. É o número dos que recibiron atención psicolóxica por ser testemuñas ou sufrir a violencia machista contra as súas nais // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta  para reactivar o emprego no sector naval. Un punto que as dúas administracións consideran imprescindible, segundo puxeron de manifesto o alcalde ferrolán, Jorge Suárez e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recibiu ao rexedor no seu despacho, en Santiago. 07/08/15

Cúmprese unha semana do asasinato das nenas Amaia e Candela de 4 e 9 anos presuntamente a mans de seu pai en Moraña // 83 menores foron atendidos polos servizos sociais da Xunta como vítimas da violencia de xénero no que vai de ano // A Xunta e o Concello de Ferrol van traballar de forma conxunta  para reactivar o emprego no sector naval. 07/08/15

David Oubel, o acusado de terlles dado morte ás súas fillas en Moraña compareceu hoxe nos xulgados de Caldas onde foi sometido a unhas probas consideradas imprescindibles e urxentes pola xuíza que instrúe o caso // A Xunta investirá 400 millóns de euros na ampliación da planta de Sogama na localidade coruñesa de Cerceda. Aumentará a súa capacidade de recuperación de envases e de produción de enerxía. O Consello tamén decidiu devolverlles aos funcionarios outro 25 por cento da paga extra suprimida no 2.012, co que xa terán recuperada a metade // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro presenta hoxe no xulgado a documentación que acredita a forma en que pagou o seu piso en Lugo. Unha documentación que, ao seu entender, certifica que non existiron irregularidades. 06/08/15

David Oubel, o acusado de terlles dado morte ás súas fillas en Moraña compareceu hoxe nos xulgados de Caldas onde foi sometido a unhas probas consideradas imprescindibles e urxentes // A Xunta investirá 400 millóns de euros na ampliación da planta de Sogama na localidade coruñesa de Cerceda // O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro presenta hoxe no xulgado a documentación que acredita a forma en que pagou o seu piso en lugo. 06/08/15 

Institucións Penitenciarias alega motivos de seguridade para non informar sobre o traslado do presunto parricida de Moraña a outro cárcere. As ameazas que recibiu no da Lama por parte doutros presos fixeron que se considerase o seu traslado // Partidas de económicas de impulso á transformación industrial do leite e a posible retirada de produto do mercado, para impulsar o aumento dos prezos son dúas das medidas estudadas na reunión entre representantes do sector lácteo e a Xunta. Unha xuntanza presidida polo titular do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo // As mareas vivas están sendo hoxe menos intensas que as de onte, cando obrigaron a desaloxar as praias urbás da Coruña. 05/08/15

Institucións Penitenciarias alega motivos de seguridade para non informar sobre o traslado do presunto parricida de Moraña a outro cárcere. As ameazas que recibiu no da Lama por parte doutros presos fixeron que se considerase o seu traslado // Partidas de económicas de impulso á transformación industrial do leite e a posible retirada de produto do mercado, para impulsar o aumento dos prezos son dúas das medidas estudadas na reunión entre representantes do sector lácteo e a Xunta. Unha xuntanza presidida polo titular do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo // As mareas vivas están sendo hoxe menos intensas que as de onte, cando obrigaron a desaloxar as praias urbás da Coruña. 05/08/15 

Institucións Penitenciarias alega motivos de seguridade para non informar sobre o traslado do presunto parricida de Moraña a outro cárcere // Partidas de económicas de impulso á transformación industrial do leite e a posible retirada de producto do mercado,  son dúas das medidas estudadas na reuniòn entre representantes do sector lácteo e a Xunta // As mareas vivas están sendo hoxe menos intensas que as de onte, cando obrigaron a desaloxar as praias urbás da Coruña. 05/08/15

Galicia é a segunda comunidade autónoma na que mais baixou o número de desempregados inscritos nos rexistros públicos e a que acadou unha maior porcentaxe de descenso do paro. O número de desempregados diminuíu, no pasado mes de xullo, en doce mil seiscentas noventa e unha  persoas, o que supón un descenso do cinco e medio por cento, respecto ao mes anterior // No Xulgado de Caldas que instrúe o caso do asasinato das dúas nenas de Moraña, presuntamente a mans do seu pai, prestaron hoxe declaración tres novas testemuñas. Trátase de persoas que figuran nas pescudas feitas, nun primeiro momento, pola Garda Civil e pertencen ao entorno familiar do pai das pequenas e presunto parricida // O Parlamento Galego aprobou hoxe a modificación  do finanzamento dos partidos políticos proposta polo PP.  Tamén a reforma do regulamento pactada entre os populares e o PSdeG-PSOE, e que contou co rexeitamento de BNG, AGE e o grupo Mixto. 04/08/15 

Galicia é a segunda comunidade autónoma na que mais baixou o número de desempregados inscritos nos rexistros públicos e a que acadou unha maior porcentaxe de descenso do paro. O número de desempregados diminuíu, no pasado mes de xullo, en 12691 persoas, o que supón un descenso do cinco e medio por cento, respecto ao mes anterior // No Xulgado de Caldas que instrúe o caso do asasinato das dúas nenas de Moraña, presuntamente a mans do seu pai, prestaron hoxe declaración tres novas testemuñas // O Parlamento Galego aprobou hoxe a modificación do finanzamento dos partidos políticos proposta polo PP.  Tamén a reforma do regulamento pactada entre os populares e o PSdeG-PSOE, e que contou co rexeitamento de BNG, AGE e o grupo Mixto. 04/08/15 

Galicia é a segunda comunidade autónoma na que mais baixou o número de desempregados inscritos nos rexistros públicos e a que acadou unha maior porcentaxe de descenso do paro // No Xulgado de Caldas que instrúe o caso do asasinato das dúas nenas de Moraña, presuntamente a mans do seu pai, prestaron hoxe declaración tres novas testemuñas // O Parlamento Galego aprobou hoxe a modificación  do finanzamento dos partidos políticos proposta polo PP. 04/08/15