A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios dias nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento. Un problema que xa fora resolto, durante a fin de semana nos concellos da contorna e que, na tarde de onte, tamén quedou solventado na cidade ferrolá // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de drons. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15
A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios días nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de drons // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora segundo se pon de manifesto nunhas xornadas que se celebran en Santiago. 20/07/15
Esta tarde as nubes vanse desaprazar ao leste de Ourense e sur de Lugo, onde deixarán chuvieiras de tormenta. Soben as temperaturas. 20/07/15
Continuamos nunha situación entre altas e baixas presións que deixou pola mañá ceos nubosos e néboas no interior. (17/07/15)
Milleiros de gandeiros piden en Santiago medidas na defensa do sector lácteo
Os concellos de Ferrol e Narón reparten esta tarde 50.000 litros de auga embotellada , ante a o problema químico que a fai non apta para beber nin cociñar.
A socialista e tenente de alcalde do concello de Vigo, Carmela Silva, asume o bastón de mando da deputación pontevedresa. (17/07/15)
Milleiros de gandeiros piden en Santiago medidas na defensa do sector lácteo, que está a padecer unha baixa moi importante dos prezos que as industrias lles pagan aos gandeiros, por debaixo dos custes de produción .
Os concellos de Ferrol e Narón reparten esta tarde 50.000 litros de auga embotellada , ante a o problema químico que a fai non apta para beber nin cociñar. os cidadáns poderán recollela nos concellos, na Casa da Xuventude e nos servizos sociais.
A socialista e tenente de alcalde do concello de Vigo, Carmela Silva, asume o bastón de mando da deputación pontevedresa.
Cesar Mosquera, do BNG, será vicepresidente. (17/07/15)

Prohibido o consumo da auga da traída en Ferrol e nos municipios limítrofes de Narón, Fene Ares e Mugardos. Non se pode usar para beber nin para cociñar, logo de detectarse un aumento de sustancias contaminantes producidas polo exceso de materia orgánica. O concello ferrolán agarda ter o problema resolto en dous ou tres días // O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada. Presidiu tamén a xura de bandeira de 49 alumnos, que comezan os seus estudos no na escola // A deputación da Coruña xa tén novo presidente. O socialista, Valentín González Formoso foi elixido este mediodía, por maioría absoluta, ao contar cos votos de todos os grupos da corporación, agás os do PP. 16/07/15
O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada. Presidiu tamén a xura de bandeira de 49 alumnos, que comezan os seus estudos no na escola // A deputación da Coruña xa ten novo presidente. O socialista, Valentín González Formoso foi elixido este mediodía, por maioría absoluta, ao contar cos votos de todos os grupos da corporación, agás os do PP // O lume leva queimadas 150 hectáreas no concello ourensán de Calvos de Randín, no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O lume comezou onte á tarde na parroquia de Rubiás dos Mixtos,segue activo aínda que está próximo a ser controlado. 16/07/15
O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada // O socialista, Valentín González Formoso foi elixido por maioría absoluta, novo presidente da Deputación da Coruña // O lume leva queimadas 150 hectáreas no concello ourensán de Calvos de Randín, no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 16/07/15
Descenso das temperaturas máximas. Unha baixada máis acusada na provincia de Pontevedra. 16/07/15
O Alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, será, a partir de mañá, o novo presidente da Deputación da Coruña, logo do acordo entre o PSdeG-PSOE e o BNG. Goretti Sanmartín, do Bloque, será a vicepresidenta // O escritor Xosé Neira Vilas, autor de "Memorias dun neno labrego" e o padexeiro David Cal, o deportista español que gañou máis medallas olímpicas, figuran entre os persoeiros aos que a Xunta lles concedeu as medallas de ouro de Galicia, que serán entregadas o próximo día 24 // A Xunta deulle o visto e prace ao proxecto de Lei do Solo que agora vai ser enviado ao Parlamento. Establece novas pautas para a ordenación urbanística do medio rural para facilitar o seu desenvolvemento, protexendo, ao mesmo tempo, a paisaxe. 15/07/15

O Alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, será, a partir de mañá, o novo presidente da Deputación da Coruña // O escritor Xosé Neira Vilas, autor de "Memorias dun neno labrego", figura entre os persoeiros aos que a Xunta lles concedeu as medallas de ouro de Galicia // A Xunta deulle o visto e prace ao proxecto de Lei do Solo que agora vai ser enviado ao Parlamento. 15/07/15
Continuamos baixo a influencia do anticiclón, con sol e temperaturas altas. 15/07/15
Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta. José Manuel Baltar volve estar á fronte do organismo provincial. Na nova corporación hai un partido mais, Democracia Ourensana, que sentará xunto a PP, PsdeG, e BNG // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo. A Conselleira do Medio Rural deulles hoxe a benvida aos membros destas patrullas, con base en Madrid, e que van vixiar en Galicia, ata ao mes de setembro // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. Vendou prendas por un valor total de 18.000 millóns e creou 8.000 postos de traballo en todo o mundo. 14/07/15

Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. 14/07/15
Seguimos con temperaturas altas. Manterase a sensación de calor, sobre todo no sur de Galicia. En Ourense pode acadar esta tarde os 38 graos. 14/07/15
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // O tribunal supremo confirma a sanción ao xuíz do caso Asunta, José Antonio Vázquez Taín, por comentarios respecto dese asunto, mentres él o instruía. O xuíz referírase ó caso durante un congreso, ante publico e medios de comunicación. 13/07/15