Notaremos un ascenso das temperaturas máximas. Un ascenso que non durará máis alá das horas centrais do día, xa que, a última hora, o aire do noroeste volverá aportar frescura e brétemas. (06/07/15)
O Xulgado de Ponteareas centra a atención das investigacións sobre o dobre crime perpetrado na localidade pontevedresa de Arbo, onde os membros dunha parella foron atopados mortos no interior dun coche.
O xuíz tómalle declaración ao único detido, o exnoivo da muller asasinada. Mentres, analizan as escopetas de caza da súa propiedade, tratando de localizar a arma dos crimes.
Abanca vaille ceder á Xunta ata 100 vivendas baleiras para que o goberno galego llelas asigne... a familias... que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer.Os que as reciban pagarán un máximo de 125 euros ao mes, ou non pagarán nada, dependendo da renda familiar.
A declaración pola Unesco como patrimonio da humanidade de dúas novas rutas de peregrinación a Santiago,beneficiará a 25 concellos galegos. Son o camiño do Norte, que entra en Galicia por Ribadeo, e o Primitivo, que chega pola Fonsagrada.
Esta distinción inclúe tamén as catedrais de Lugo e Mondoñedo, así como o mosteiro de Sobrado dos Monxes. (06/07/15)
O xuíz tómalle declaración ao único detido polo dobre crime de Arbo, o exnoivo da muller asasinada.
Abanca vaille ceder á Xunta ata 100 vivendas baleiras para que o goberno galego llelas asigne a familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer.
A declaración pola Unesco como patrimonio da humanidade de dúas novas rutas de peregrinación a Santiago,beneficiará a 25 concellos galegos. (06/07/15)
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia, na que traballaban // Gandeiros coruñeses da zona de Santa Comba tiraron hoxe, nun prado milleiros de litros de leite para protestar pola situación do sector con prezos baixos e ameaza das industrias de deixar de recoller a produción, aducindo descenso da cantidade de materia graxa no produto // O Club Baloncesto Ourense non poderá xogar a temporada que vén na Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto. E a resolución que acaba de adoptar a ACB que apreciou problemas nas garantías económicas presentadas polo clube galego. 03/07/15
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia, na que traballaban. Investíganse as causas da deflagracion que destruiu totalmente a caseta onde, ao parecer traballaban as dúas mulleres, mentres o home, se atopaba fora, onde tamén resultou afectado polo estourido // Tráfico prevé en Galicia 372 mil desprazamentos ata o domingo. A DXT recomenda moita precaución especialmente nos 36 puntos máis conflictivos das nosas estradas. Os puntos onde se concentran máis accidentes que serán tamén nos que van estar máis vixilantes cos 120 radares móbiles que haberá despregados por toda a xeografía galega // Boas perspectivas para o sector turístico galego. O Cluster de turismo de Galicia estima que recibiremos entre un 5 e un 8% máis de visitantes este verán. A media de ocupación nos próximos dous meses rondará o 60% segundo a axencia de turismo de Galicia. 03/07/15
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia // Tráfico prevé en Galicia 372 mil desprazamentos ata o domingo // Boas perspectivas para o sector turístico galego. O Cluster de turismo de Galicia estima que recibiremos entre un 5 e un 8% máis de visitantes este verán. 03/07/15
Seguimos con bastantes nubes que van ir deixando paso ao sol. Son nubes altas que irán aumentando pola tarde sobre todo polo litoral atlántico e que mesmo poderían deixar algunhas chuvias polo norte. 03/07/15
O número de parados baixou no pasado mes de xuño en case 8.000 en Galicia. Supón un descenso do 3,34%. Con estes novos datos, agora mesmo hai en Galicia 229 mil parados // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles. Alomenos haberá 120 en estradas convencionais, 30 por provincia.Ubicaranse nos treitos onde se producen máis accidentes. Ademais seguirán operativos 60 radares fixos // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. Buscará crear emprego,unha economía do coñecemento e da sostibilidade. 02/07/15
As listas do desemprego diminúen en Galicia. No pasado mes de xuño estiveron apuntados nelas case 8.000 persoas menos que no anterior, de maio. Supón un descenso do 3,34%. Unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde tamén diminuíu o desemprego pero, nun 2,21%. Con estes novos datos, agora mesmo hai en Galicia 229 mil parados // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles. Alomenos haberá 120 en estradas convencionais, 30 por provincia.Ubicaranse nos treitos onde se producen máis accidentes. Ademais seguirán operativos 60 radares fixos // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. Buscará crear emprego,unha economía do coñecemento e da sostibilidade. 02/07/15
O número de parados baixou no pasado mes de xuño en case 8.000 en Galicia. Supón un descenso do 3,34% // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. 02/07/15
As nubes baixas das primeiras horas foron dando paso a claros. Un día no que as temperaturas seguen en valores semellantes aos de onte con ascensos puntuais na fachada atlántica. 02/07/15
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós. 01/07/15
Seguiremos a notar baixada de temperaturas máximas. Un fresco ao que algunhas persoas lle dan a benvida, despois da calor dos últimos días. 01/07/15
Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás, onde xa leva calcinadas máis de 100 hectáreas e que se propagou en catro frontes. Durante a noite e a madrugada algunhas aldeas da zona chegaron a estar en perigo, debido á proximidade das lapas // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade, co que non contaba o treito do accidente de Angrois // Facenda xa decidiu as devolucións para máis de 665 mil contribuíntes galegos que presentaron a declaración do IRPF. Quedan pendentes aínda máis devolucións xa que os galegos solicitamos o reintegro dun total de 548 millóns de euros, na campaña de declaración da renda que hoxe remata. 30/06/15
Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás, onde xa leva calcinadas máis de 100 hectáreas e que se propagou en catro frontes. Durante a noite e a madrugada algunhas aldeas da zona chegaron a estar en perigo, debido á proximidade das lapas // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade, co que non contaba o treito do accidente de Angrois // As organizacións agrarias din que moitos gandeiros están vendendo o litro de leite a prezos mínimos históricos: a 18 céntimos, moi debaixo do que lles custa producilo: 35 céntimos. Por este motivo algúns xa tiraron o leite dos tanques e anuncian para as próximas semanas unha manifestación e tractoradas. 30/06/15
Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade // As organizacións agrarias din que moitos gandeiros están vendendo o litro de leite a prezos mínimos históricos: a 18 céntimos. 30/06/15
Empezaremos a notar o refrescamento do ambiente, provocado polo aire cargado de humidade que entra dende o Atlántico. 30/06/15
As temperaturas marcan hoxe máximos do que levamos de verán. De feito hai activas varias alertas porque os termómetros superarán os 30 graos na meirande parte de Galicia. Por riba dos 35 graos no interior da provincia da Coruña, sur de Lugo e Pontevedra e mesmo chegarán aos 40 no interior de Ourense // Abre as súas portas en Vigo o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro. Hoxe recibiu os primeiros doentes, 25 pacientes de hemodiálese e nefroloxía. alí traballan de momento 70 sanitarios. Serán máis de cinco mil traballadores en total cando se complete o traslado, que se fará ao longo do verán // O novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, quere mellorar a información que se lle facilita á opinión pública sobre os asuntos xudiciais, co fin de evitar o que califica de distorsións propiciadas polas partes en litixio. 29/06/15