A praia das catedrais xa ten en marcha o seu plan de protección. Limita o número de visitantes que poderán acceder a este areal da Mariña. Entre o 30 do mes de xuño e o 30 de setembro serán un total de 4800 persoas as que poidan achegarse ata alí. As prazas xa se poden solicitar por internet // Botan a andar os novos gobernos municipais, logo dos plenos de investidura dos alcaldes, celebrados o sábado. En toda Galicia repetiuse a imaxe dos rexedores chegando aos seus despachos // O Club Ourense Baloncesto conseguiu esta mañá o compromiso do Concello para avalar parte do crédito que lle prometeu Abanca para que poida competir na liga ACB. Era o requisito que lle esixía a entidade financeira ao club para poder competir na máxima categoría. logo de que a Deputación certificara o seu apoio hai dúas semanas. 15/06/15
A praia das catedrais xa ten en marcha o seu plan de protección // Botan a andar os novos gobernos municipais, logo dos plenos de investidura dos alcaldes, celebrados o sábado // O Club Ourense Baloncesto conseguiu esta mañá o compromiso do Concello para avalar parte do crédito que lle prometeu Abanca para que poida competir na liga ACB. 15/06/15
Comezamos semana con moitas nubes que van ir deixando paso de cara o final do día a máis claros. Nunha xornada na que as temperaturas máximas se van ir recuperando e ascenden sobre todo polo sur. 15/06/15
Membros das asociacións antidroga fixeron presentes hoxe en Cambados, as súas reivindicacións, cando se cumpren 25 anos da operación Nécora, que supuxera a desarticulación das principais redes de introducción de cocaína en Galicia e a detención dos principais capos do tráfico de estupefacientes nas rías.
Silleda acolle ata o domingo a Semana Verde, o principal escaparate para o sector agrogandeiro galego. Entre os reclamos desta edición está a presenza de gando autóctono en perigo de extinción.
O xuízo polo asasinato de nena Asunta Basterra non se celebrará ata despois do mes de agosto por falta de membros para completar o xurado. (12/06/15)
Membros das asociacións antidroga fixeron presentes hoxe en Cambados, as súas reivindicacións, cando se cumpren 25 anos da operación Nécora, que supuxera a desarticulación das principais redes de introducción de cocaína en Galicia e a detención dos principais capos do tráfico de estupefacientes nas rías.
Silleda acolle ata o domingo a Semana Verde, o principal escaparate para o sector agrogandeiro galego. Entre os reclamos desta edición está a presenza de gando autóctono en perigo de extinción.
O Deportivo traballa na súa ampliación de capital que entra na segunda fase e coa que quere recadar millón e medio de euros ata final de ano. Mentres o clube segue a negociar novas fichaxes para a próxima tempada, co obxectivo de non pasar os apuros da que acaba de rematar . (12/06/15)
A fin de semana principia con ceos cubertos e con posibilidade de orballos sobre todo pola costa (12/06/15)
Membros das asociacións antidroga fixeron presentes hoxe en Cambados, as súas reivindicacións, cando se cumpren 25 anos da operación Nécora.
Silleda acolle ata o domingo a Semana Verde, o principal escaparate para o sector agrogandeiro galego.
O Deportivo traballa na súa ampliación de capital que entra na segunda fase e coa que quere recadar millón e medio de euros ata final de ano. (12/06/15)
Xosé López Orozco anuncia a súa renuncia a seguir sendo o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Lugo. Unha renuncia que era esixida pola candidatura de Lugo Novo e o BNG para apoiaren aos socialistas, na elección de novo rexedor, este sabado // A tradicional ofrenda do antigo reino de Galicia ao santísimo sacramento que se celebra dende hai tres séculos en Lugo terá ESTE DOMINGO oas ausencias dos novos alcaldes da Coruña e Santiago. Xulio Ferreiro e Martiño Noriega declinan a invitación porque din que defenden o laicismo dos concellos que van gobernar // Un vixilante de seguridade desminte a versión policial da morte do siareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada, Jimmi. Dixo hoxe no xulgado que Jmmy non foi o primeiro dos siareiros deportivistas que caeu ao Manzanares como afirma a policía. 11/06/15
Xosé López Orozco anuncia a súa renuncia a seguir sendo o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Lugo. Unha renuncia que era esixida pola candidatura de Lugo Novo e o BNG para apoiaren aos socialistas, na elección de novo rexedor, este sabado // A tradicional ofrenda do antigo reino de Galicia ao santísimo sacramento que se celebra dende hai tres séculos en Lugo terá ESTE DOMINGO oas ausencias dos novos alcaldes da Coruña e Santiago. Xulio Ferreiro e Martiño Noriega declinan a invitación porque din que defenden o laicismo dos concellos que van gobernar // Un vixilante de seguridade desminte a versión policial da morte do siareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada, Jimmi. Dixo hoxe no xulgado que Jmmy non foi o primeiro dos siareiros deportivistas que caeu ao Manzanares como sí afirma a policía. 11/06/15
Xosé López Orozco anuncia a súa renuncia a seguir sendo o candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Lugo // A alcaldesa de Mondoñedo presentará a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia en Lugo, ante a negativa dos novos alcaldes de Santiago e a Coruña a asistiren // Un vixilante de seguridade desminte a versión policial da morte do siareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada, Jimmi. 11/06/15
Unha pequena borrasca está a deixarnos máis nubes e con elas a probabilidade de chuvia polo norte do país. Serán chuvias febles e ocasionais. As temperaturas aínda han seguir baixando. 11/06/15
Un veciño da Coruña tiña un dos maiores arsenais de armas e municións detectados en España. Tiña 110 armas de fogo e mais de 130 mil cartuchos metálicos de distinto calibre. A Garda civil incautouse do material nunha vivenda do detido na Coruña e noutra tamén del en Lugo // O ex director xeral de novacaixagalicia, José Luís Pego que cobrou ao abandonar a entidade 7,7 millóns de euros de indemnización dixo hoxe que podía ter obtido mellores condicións se tivese saído antes da entidade. Declarouno no xuízo na Audiencia Nacional contra el e outros catro membros da cúpula directiva das antigas caixas galegas, acusados de apropiación indebida e administración desleal ou estafa // Comezaron as probas de acceso á Universidade para máis de dez mil alumnos galegos. Primeiro dos tres días da selectividade que principiou con comentario de texto. En nove días terán as notas e saberán se poden estudar a carreira desexada. 10/06/15
Un veciño da Coruña tiña un dos maiores arsenais de armas e municións detectados en España. Tiña 110 armas de fogo e mais de 130 mil cartuchos metálicos de distinto calibre. A Garda civil incautouse do material nunha vivenda do detido na Coruña e noutra tamén del en Lugo // O ex director xeral de novacaixagalicia, José Luís Pego que cobrou ao abandonar a entidade 7,7 millóns de euros de indemnización dixo hoxe que podía ter obtido mellores condicións se tivese saído antes da entidade. Declarouno no xuízo na Audiencia Nacional contra el e outros catro membros da cúpula directiva das antigas caixas galegas, acusados de apropiación indebida e administración desleal ou estafa // Comezaron as probas de acceso á Universidade para máis de dez mil alumnos galegos. Primeiro dos tres días da selectividade que principiou con comentario de texto. En nove días terán as notas e saberán se poden estudar a carreira desexada. 10/06/15
Un veciño da Coruña tiña un dos maiores arsenais de armas e municións detectados en España // O ex director xeral de novacaixagalicia, José Luís Pego dixo hoxe que podía ter obtido mellores condicións se tivese saído antes da entidade // Comezaron as probas de acceso á Universidade para máis de dez mil alumnos galegos. 10/06/15
Influencia anticiclónica fai que vaian recuperándose os ceos despexados pero tamén que sigan refrescando as temperaturas. 10/06/15
O excopresidente da Novacaixagalicia, Fernández Gayoso compareceu hoxe, coma acusado, no xuízo na Audiencia Nacional polas indemnizacións de máis de 18 millóns de euros, percibidas por cinco altos directivos da caixa fusionada, cando xa recibira axudas públicas // A Xunta, o Goberno Central e a DXT levarán a cabo unha campaña para previr os accidentes con tractores, dos que, en Galicia se producen 15 de cada cen dos que se rexistran en España. No que vai de ano causaron a morte de 9 tractoristas, a maioría, xubilados. A campaña incluirá reparto de información e presenza das itv nas zonas mais afectadas // Silencio é a última película do director manchego Pedro Almodóvar que estes días está a rodar en Galicia. Na costa coruñesa, Redes, Ares e Mugardos serán algunhas das localizacións do filme que di o aclamado cineasta que o namoraron pola súa intensidade dramática. 09/06/15
O excopresidente da Novacaixagalicia, Fernández Gayoso compareceu hoxe, coma acusado, no xuízo na Audiencia Nacional polas indemnizacións de máis de 18 millóns de euros, percibidas por cinco altos directivos da caixa fusionada, cando xa recibira axudas pública. O exdirector xeral Adxunto, García de Paredes, asegurou que as condicións dos seus despidimentos eran coñecidas polo Banco de España // A Xunta, o Goberno Central e a DXT levarán a cabo unha campaña para previr os accidentes con tractores, dos que, en Galicia se producen 15 de cada cen dos que se rexistran en España. No que vai de ano causaron a morte de 9 tractoristas, a maioría, xubilados // Silencio é a última película do director manchego Pedro Almodóvar que estes días está a rodar en Galicia. Na costa coruñesa, Redes, Ares e Mugardos serán algunhas das localizacións do filme que dí o aclamado cineasta que o namoraron pola súa intensidade dramática. 09/06/15
O excopresidente da Novacaixagalicia, Fernández Gayoso compareceu hoxe, coma acusado, no xuízo na Audiencia Nacional polas indemnizacións de máis de 18 millóns de euros, percibidas por cinco altos directivos da caixa fusionada // A Xunta, o Goberno Central e a DXT levarán a cabo unha campaña para previr os accidentes con tractores, dos que, en Galicia se producen 15 de cada cen dos que se rexistran en España // Silencio é a última película do director manchego Pedro Almodovar que estes días está a rodar en Galicia. 09/06/15
A nubosidade vai en aumento. E no sur, sobre todo na provincia de Ourense, esas nubes poden traer algúns trebóns. 09/06/15
Dúas persoas, un home e unha muller, foron detidos dentro das investigacións para esclarecer a morte da muller que foi atopada, a noite pasada, ao carón dun depósito de auga, da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal // Xuízo na Audiencia Nacional polas indemnizacións millonarias de Novacaixagalicia. Cinco exdirectivos están acusados dun delito de apropiación indebida, administración desleal ou estafa. Enfróntase a unha petición de prisión de tres anos e a devolución dos case 19 millóns de euros que cobraron // Entregadas as bandeiras azuis e outros distintivos a praias e lugares que manteñen os máximos niveis de calidade das augas e do seu entorno. Recibíronas, este mediodía, en Ribeira, os alcaldes dos concellos nos que están eses encraves distinguidos. 08/06/15