José Luis Abet, o acusado do triplo crime de Valga, do que foron vítimas a sua exmuller, excuñada e exsogra será xulgado a porta pechada para protexer aos fillos da parella, que presenciaron o crime. // A folga dos letrados de xustiza entra na súa sétima semana sen acordo co Ministerio e coas negociacións estancadas. En Galicia obrigou a pospoñer xa oito mil procesos xudiciais, que se están aprazando para dentro de oito meses. // A estrela do atletismo galego, Adrián Ben suma un novo fito á sua carreira: medalla de ouro en 800 metros, no campionato de Europa que se celebra en Estambul. // A viguesa Judith Rodriguez ganou tres medallas na terceira fase do Campionato de España que se celebrou esta fin de semana en Vigo. 06-03-23
José Luis Abet, o acusado do triplo crime de Valga será xulgado a porta pechada para protexer aos fillos da parella, que presenciaron o crime. // A folga dos letrados de xustiza entra na súa sétima semana sen acordo co Ministerio e coas negociacións estancadas. En Galicia obrigou a pospoñer xa oito mil procesos xudiciais, que se están aprazando para dentro de oito meses. // A estrela do atletismo galego, Adrián Ben suma un novo fito á sua carreira: medalla de ouro en 800 metros, no campionato de Europa que se celebra en Estambul. // A viguesa Judith Rodriguez ganou tres medallas na terceira fase do Campionato de España que se celebrou esta fin de semana en Vigo. 06-03-23
Empeza en Pontevedra o xuízo a José Luis Abet, acusado do triplo crime de Valga, cometido en 2019. Él será o primeiro en prestar declaración na vista, trala formación do xurado popular. // En Lugo remata a repetición do xuízo do crime de Muimenta. Todas as partes están de acordo en que Ana Sandamil foi a autora da morte da súa filla de sete anos e tamén en que sofre trastornos mentais. // A vicepresidenta Segunda Yolanda Díaz ainda ve posible chegar a un acordo entre os socios de goberno na reforma da chamada lei solo si es si. // Adrián Ben recollr a medalla de ouro do Campionato europeo de atletismo, nunha carreira que comezou último.06-03-23
Mañá de néboas e xeadas polo interior e de temperaturas que subiran sobre todo á tarde. O sábado teremos un tempo moi semellante e o domingo empezará a mudar. A partir do mediodía podería empezar a chover polo suroeste. 03-03-2023
O Porto Exterior da Coruña recibe por primeira vez un cargamento de petróleo, na inauguración do novo terminal de Repsol en Punta Langosteira. // A Ministra de Transición Ecolóxica defende que estas instalacións non son perxudiciais para a pesca. // Sentenza absolutoria para o único acusado do dobre asasinato do Cash Record en Lugo. Tras un xuízo que tardou en celebrarse case tres décadas despois do crime a Audiencia provincial considera que non hai probas suficientes para condenar ao procesado. // Os últimos avances tecnolóxicos para a agricultura e a gandeiría pódense visitar xa na feira de maquinaria profesional de Silleda. Un dos certames máis importantes de España na súa especialidade, con preto de 170 expositores de varios países. 03-03-2023
En plena polémica pola autorización de parques eólicos mariños fronte a costa galega, a Ministra de Transición Ecolóxica defende que estas instalacións non son perxudiciais para a pesca. // A Audiencia de Lugo absolve ao único procesado polo doble crime do Cash Récord. O tribunal declara que non hai probas para situalo no lugar e no momento en que tiveron lugar os feitos. // O Porto Exterior da Coruña recibe por primeira vez un cargamento de petróleo na inauguración do novo terminal de Repsol en Punta Langosteira. // Os últimos avances tecnolóxicos para a agricultura e a gandeiría pódense visitar xa na feira de maquinaria profesional de Silleda. 03-03-2023
A Audiencia de Lugo absolve ao único procesado polo doble crime do Cash Récord. Na sentenza dada a coñecer hoxe declara que non hai probas para situalo no lugar e no momento en que tiveron lugar os feitos, hai cerca de 30 anos. // A Ministra para a Transición Ecolóxica defendeu hoxe en Ferrol a enerxía eólica mariña, asegurando que non está demostrado que teña efectos negativos na pesca. // Remata o febreiro máis seco dos útlimos dez anos. Choveu un 75% menos do habitual e as temperaturas caracterizáronse por máximas moi altas e mínimas moi baixas. 03-03-2023
Galicia recupera a influencia das altas con algunhas néboas e xeadas matinais sobre todo no interior de Ourense. Nas horas centrais as máximas suben de xeito notable ata chegar aos 15 graos na metade sur, algo máis baixas polo norte. 02-03-23
Produtores de mexillón protestan, de novo, e provocan o colapso de tráfico en Santiago. Aseguran que a escaseza de mexilla nesta campaña, polas restricións impostas pola Xunta, está a poñer en perigo a actividade das bateas. // Descenso do paro de case mil persoas en Galicia no último mes. O aumento do emprego, que se extende a tódolos sectores, é máis acusado nos servizos e na industria. // A coruñesa encarcerada durante catro meses en Irán, Ana Baneira nega ter participado nas protestas pola morte da moza que levaba mal posto o veo islámico. // Unha muller do Grove consigue a amplación por permiso de maternidade ao ser nai en solitario sen outro proxenitor. En Galicia, existen máis de 100.000 familias monoparentais, 02-03-23
Produtores de mexillón protestan de novo en Santiago, e provocan o colapso de tráfico. Aseguran que a escaseza de mexilla nesta campaña, polas restricións impostas pola Xunta, está a poñer en perigo a actividade das bateas. // Descenso do paro de case mil persoas en Galicia no último mes. O aumento do emprego é máis acusado nos servizos e na industria. // A coruñesa encarcerada durante catro meses en Irán, Ana Baneira nega ter participado nas protestas pola morte da moza que levaba mal posto o veo islámico. // Unha muller do Grove consigue a amplación por permiso de maternidade ao ser nai en solitario sen outro proxenitor. En Galicia, existen máis de 100.000 familias monoparentais, 02-03-23
Nova Protesta de mexilloeiros diante da Xunta, en Santiago. Piden o fin das restriccións establecidas para protexer as zonas de cría de percebe. // Ante a oposición do sector pesqueiro ao plan de parques eólicos mariños, a nova secretaria xeral de Pesca asegura, na sua primeira visita a Vigo, que o goberno protexerá os intereses da frota. // A derruba dun muro sobre o patio dun colexio concertado de Ourense onte pola tarde obrigou a suspender hoxe as clases. Non hobo feridos. // 02-03-23
Aumenta a inestabilidade atmosférica coa entrada de aire frío en altura. Ceos parcialmente nubrados con posibilidade dalgunhas precipitacións ocasionais ao norte pola mañá e máis xeneralizadas pola tarde na metade oriental. A cota de neve ascende durante a tarde a 600-800 metros. 01-03-23
As instalacións da central de Meirama, dan un paso definitivo para o seu desmantelamento coa eliminación da cheminea, logo de que hai dous meses fora xa demolida a torre de refrixeración. // Os sindicatos médicos convocan unha folga en Galicia, a partir do 11 de abril, na que queren que participe tamén o resto dos traballadores sanitarios. Califican de parches as medidas de emerxencia aprobadas pola Xunta para paliar a falla de profesionais. // O sector pesqueiro rexeita o Plan aprobado polo Goberno que contempla a instalación de cinco parques eólicos flotantes fronte á costa galega. // O sector audiovisual galego en pleno auxe. Galicia é a terceira comunidade que máis contidos exporta e decenas de produtoras xa están aquí asentadas, aproveitando o talento galego para conquistar o mercado internacional. 01-03-23
As instalacións da central de Meirama, dan un paso definitivo para o seu desmantelamento coa eliminación da cheminea, logo de que hai dous meses fora xa demolida a torre de refrixeración. // Os sindicatos médicos convocan unha folga en Galicia, a partir do 11 de abril, na que queren que participe tamén o resto dos traballadores sanitarios. // O sector pesqueiro rexeita o Plan aprobado polo Goberno que contempla a instalación de cinco parques eólicos flotantes fronte á costa galega. // O sector audiovisual galego en pleno auxe. Galicia é a terceira comunidade que máis contidos exporta e decenas de produtoras xa están aquí asentadas, aproveitando o talento galego para conquistar o mercado internacional. 01-03-23
A cheminea de Meirama, unha estrutura de máis de 200 metros de altura e 10.000 toneladas, dinamitada dende a sua base para caer ao chan de xeito lateral. É o último vestixio da central térmica que funcionou durante 40 anos. // O sector pesqueiro pide a dimisión da ministra para a Transición Ecolóxica e a retirada dos Plan que contempla a creación de 5 áreas para instalar parques eólicos flotantes ante a costa galega. // Dende hoxe está aberto o prazo de solicitude de admisión no próximo curso nos centros escolares sostidos con fondos públicos. 01-03-23
Continúa a chegada de aire frío. O ceo está despexado ao sur e con máis nubes canto máis ao norte, con posibilidade de precipitacións moi ocasionais, que serán en forma de neve arredor dos 400 metros. As temperaturas mínimas en descenso. 28-02-23
Ata cinco parques eólicos mariños poderán instalarse fronte ao litoral galego, catro na costa norte e un fronte áo límite con Portugal. Así o contempla o Plan de Ordenación do Espazo marítimo que hoxe aprobou o consello de Ministros. // O IPC de febreiro deixa unha repunta dos prezos, con especial subida da electricidade e dos alimentos. A inflación subxacente ascende xa ao 7´7%, o nivel máis alto dende hai 40 anos. // Unhas 200.000 persoas padecen en Galicia algunha enfermidade rara, das que hoxe se celebra o Día Mundial. // As pegadas de Pablo Picasso coleccionadas ao longo dos anos por Camilo José Cela. Cadros, debuxos e fotografías forman a exposición inaugurada na sede da Fundación que leva o nome do escritor en Iria Flavia. 28-02-23
O Goberno aprobou hoxe o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo, que contempla a instalación de 5 parques eólicos fronte ao litoral galego. Catro no Norte e un fronte ao límite con Portugal. // O IPC de febreiro deixa unha repunta dos prezos, con especial subida da electricidade e dos alimentos. A inflación subxacente ascende xa ao 7´7%, o nivel máis alto dende hai 40 anos. // Unhas 200.000 persoas padecen en Galicia algunha enfermidade rara, das que hoxe se celebra o Día Mundial. // As pegadas de Pablo Picasso coleccionadas ao longo dos anos por Camilo José Cela. Cadros, debuxos e fotografías forman a exposición inaugurada na sede da Fundación que leva o nome do escritor en Iria Flavia. 28-02-23
Circulación do nordés que arrastra aire frío, nun día de tempo seco e ceos despexados en xeral, con algunhas nubes baixas ao norte da provincia de Lugo. As temperaturas sufren un lixeiro descenso, con máxima de 14 graos en Vigo e mínimas baixo cero. 27-02-23