Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Axentes da Garda Civil rastrexan o escenario do crime, en busca do obxeto co que foi asasinada Beatriz Lijó, diante da sua casa en Baiona. // No xuízo polo dobre asasinato do Cash Record, os familiares das vitimas ven contradicións e mentiras nas declaración do único acusado. // En Pontevedra, todas as miradas postas no Tribunal Supremo. Os maxistrados deciden hoxe se a autorización de Ence para permanecer na Ría ata 2073 é ou non legal. 07-02-23

Segue a influencia das altas presións que deixa durante a mañá bancos de néboa e xeadas no interior. As temperaturas que esta fin de semana rozaron os 20 graos nalgúns puntos baixan lixeiramente aínda que de novo se repite esa marca en puntos de Pontevedra. 06-02-23

Consternación en Baiona polo asasinato de Beatriz Lijó, de 47 anos, cometido diante dos seus fillos. O seu ex marido acodíu esta mañá, coa roupa ensanguentada, a comisaría de Ourense, onde foi detido. // Arranca en Lugo o xuízo polo crime do Cash Record, cometido hai case trinta anos. É a causa máis antigua en España pendente de ser xulgada. // Traballadores de Ence intensifican as mobilizacións un día antes de que Tribunal Supremo decida sobre a anulación da prórroga para permanecer ata 2073 na Ría de Pontevedra. // O LUgo perde a oportunidade de sair dos postos de descenso e queda a cinco puntos da permanencia logo dun empate sen goles fronte ao Ibiza, colista da categoría, en medio de protestas da afección. 06-02-23

Concentración, diante do concello de familiares e achegados a Beatriz Lijó, a muller de 47 anos asasinada en Baiona, diante dos seus fillos, de 9 e 7 anos.Un crime machista polo que está xa detido o home co que a vítima estivo casada. // A Delegación do Goberno reuniu hoxe os representantes da hostalaría para falar sobre os protocolos de actuación ante posibles casos de violencia de xénero. // Máis de 20 mil persoas visitaron a exposición More Than Human, que se despide hoxe da sede de Afundación na Coruña,cConsiderada a mostra sobre Intelixencia Artificial máis importante realizada ata agora en Europa.  06-02-23

Néboas, xeadas e máis frío a primeira hora. As temperaturas máximas soben algo máis, con valores case case de primavera, oscilan hoxe entre os 14 graos previstos na Coruña e os 18 en Ourense. 03-02-23

Os letrados xudiciais reclaman en Santiago que se cumplan as melloras salariais prometidas polo goberno, cando se cumpren duas semanas da folga indefinida. // Empresarios e axentes sociais de Pontevedra expresan o seu apoio á permanencia da fábrica de Celulosa de Ence nos terreos de Lourizán, xusto antes de que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre a legalidade da prórroga. // Estudantes e profesores dun colexio de Vigo axudan a recadar fondos para a investigación dunha cura para a leucemia, enfermidade que sofre unha alumna. E una iniciativa solidaria previo ao dia mundial do cancro. // 03-02-23

Un microbús quedou envorcado esta mañá sobre unha zona de rochas en Cabo Silleiro, cerca de Baiona. Os tres pasaxeiros que ian nel e a conductora resultaron con feridas leves. // O alumnado do colexio Ría de Vigo realizou esta mañá a carreira solidaria que promove a fundación que loita contra a leucemia infantil. // Entre as provincias da Coruña e Pontevedra, sobre o Ulla, álzase unha das fortalezas medievais máis grandes de Galicia. unha investigación arqueolóxica en profundudade chama a atención sobre esta muralla, que xa se compara coa de Lugo. 03-02-23

Tempo seco e solleiro en toda a comunidade despois das néboas de primeira hora no interior e as xeadas en boa parte de Galicia. As temperaturas soben lixeiramente despois de mínimas que quedaron por baixo de cero en moitos puntos do interior. As máximas oscilarán entre 11 graos en Lugo e 16 en Ourense. 02-02-23

Repunta do paro rexistrado en Xaneiro, marcada polo remate de contratos temporais. A seguridade social perde en Galicia 11.500 cotizantes no último mes. // A Xunta aproba un decreto con incentivos para os facultativos que se ocupen da formación dos Médicos Internos Residentes, os MIR. // Eliminar tatuaxes, un proceso longo e custoso, cada vez máis demandado en centros especializados. Os que máis adoitan arrepentirse son os que se tatuaron xa hai uns anos e seguindo algún tipo de moda. // Ultimos días para non perderse o espectáculo celeste que nos ofrece o chamado cometa verde, que pasa preto  02-02-23

Repunta do paro rexistrado en Xaneiro, marcada polo remate de contratos temporais. A seguridade social perde en Galicia 11.500 cotizantes no último mes. // A Xunta aproba un decreto con incentivos para os facultativos que se ocupen da formación dos Médicos Internos Residentes, os MIR. // Eliminar tatuaxes, un proceso longo e custoso, cada vez máis demandado en centros especializados. Os que máis adoitan arrepentirse son os que se tatuaron xa hai uns anos e seguindo algún tipo de moda. // Ultimos días para non perderse o espectáculo celeste que nos ofrece o chamado cometa verde, que pasa preto da terra cada 50.000 anos. Pode verse a simple vista, cunha cola verdosa de millóns de kilometros. 02-02-23

Xaneiro remata, un ano mais, cunha repunta do paro rexistrado marcada especialmente pola non renovación de contratos temporais no sector servizos. // Comenz a desmontaxe dos taboleiros do viaduto do Castro na Autovía A-6 en sentido Madrid, os que non se viron afectados polo colapso do pasado verán. // Gonzalo Arca e un cantautor que vive da música, cantando na rúa de en Ourense coa súa guitarra e dando concertos as fins de semana. O director Dani de La Torre incluíu varios temas seus na película "El desconocido". 02-02-23

Máis nubes no extremo norte porque unha fronte moi desfeita roza esa zona onde mesmo podería caer algún orballo. No resto seguimos con ceos despexados. As temperaturas mínimas algo menos frías ca na xornada de onte. As máximas quedan sen cambios. 01-02-23

Galicia é unha das comunidades con máis beneficiarios da suba do salario mínimo, unhas 100.000 persoas según os cálculos do goberno. O incremento repercutirá sobre todo en mulleres, mozos e traballadores do sector primario. // Incendio nun ático no centro de Ourense, que obrigou a desaloxar a todos os veciños do edificio por precaución. Hai tres persoas feridas leves por inhalación de fume. // A directora xeral de seguridade de Adif declara no xuízo polo accidente do Alvia e descarga na compañía Renfe a responsabilidade da seguridade na curva. // O Celta incorpora ao internacional suizo Haris Seferovic como único reforzo do mercado de inverno, ao tempo que traspasa a Denis Suárez. 01-02-23

Galicia é unha das comunidades con máis beneficiarios da suba do salario mínimo, unhas 100.000 persoas según os cálculos do goberno. O incremento repercutirá sobre todo en mulleres, mozos e traballadores do sector primario. // Máis de 800 pares de zapatillas, recollidas na campaña para doar calzado deportivo en bo estado a unha escola de Guinea Bissau. É a iniciativa de tres atletas de Pontevedra, difundida con éxito nas redes sociais. // A directora xeral de seguridade de Adif descarga na compañía Renfe a responsabilidade da seguridade no accidente de Angrois. // O Celta incorpora ao internacional suizo Haris Seferovic como único reforzo do mercado de inverno, ao tempo que traspasa a Denis Suárez. 01-02-23

Unha columna de fume saía esta mañá dun ático da avenida da Habana, no centro de Ourense. Os bombeiros desaloxaron aos veciños do edificio no que se declarou o lume, ao parecer a causa dun curtocircuito eléctrico. A policía municipal confirmou que hai tres persoas feridas leves. // Culpable de asesinato, e o veredicto que emitiu o xurado popular contra Santiago Cepeda, declarado por unanimidade autor do crime, ocorrido en setembro de 2020, cando asfixiou ao seu sobriño de tres anos. // Homenaxe a Manuel Murguía no cemiterio coruñés de San Amaro, no día no que se cumplen cen anos do seu pasamento. //. 01-02-23

Influencia anticiclónica, con circulación do leste. Con esta situación, bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados en xeral. Pola noite, prevese un aumento de nubes baixas sen descartar algunha chuvia feble e puntual no extremo norte da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 31-01-23

O termómetro baixa Ata dez graos baixo cero en Calvos de Randín, na noite máis fría do que levamos de ano. // A Xunta solicita que poidan retrasar a xubilación ata os 72 anos, para facer fronte a falla de profesionais que se espera que se agrave nos próximos anos. // Os facultativos estudan en asembleas en toda Galicia se convocan unha folga en demanda de melloras nas suas condicións de traballo. // María Antonia Dans é a homenaxeada este ano no día da ilustración. Unha mostra recolle na cidade da cultura de Santiago máis de trinta pezas cos seu principais traballos como ilustradora, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. 31-01-23