Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alerta amarela na costa da Coruña por ondas de ata cinco metros. As chuvias serán máis febles e intermitentes. Son máis probables na fachada atlántica e en zonas altas. As temperaturas subiron, as máximas volven superar os 18 graos na Coruña e no norte de Lugo. 22/12/22

O Gordo da Lotería deixa unha choiva de millóns en Galicia. Na Coruña e na Fonsagrada, en Lugo, venderon 45 series repartiron en conxunto 360 millóns de euros // Comezan a declarar en Vigo os trece detidos en Galicia na operación antidroga na que se interceptaron, preto de Tenerife, máis de tres mil quilos de cocaína // Desconvocada a folga das dependentas de Inditex na Coruña, despois de que os sindicatos e a empresa chegaran a un acordo para unha suba salarial // O Arenteiro recibe esta noite no estadio do Espiñedo, en Carballiño, ao Atlético de Madrid, na busca dunha praza en dezaseisavos de final da Copa do Rei. 22/12/22

O Gordo da Lotería deixa unha choiva de millóns en Galicia. Na Coruña e na Fonsagrada, en Lugo, repartiron en conxunto 360 millóns de euros // Comezan a declarar en Vigo os trece detidos en Galicia na operación antidroga na que se interceptaron máis de tres mil quilos de cocaína // Desconvocada a folga das dependentas de Inditex na Coruña // O Arenteiro recibe esta noite no estadio do Espiñedo, en Carballiño, ao Atlético de Madrid. 22/12/22

O Gordo da Lotería deixa unha choiva de millóns en Galicia. Na Coruña e na Fonsagrada, en Lugo, venderon 45 series repartiron en conxunto 360 millóns de euros // O 05.490 tamén se vendeu noutros puntos da nosa comunidade, pero apenas en décimos soltos // Comezan a declarar en Vigo os trece detidos en Galicia na operación antidroga na que se interceptaron, preto de Tenerife, máis de tres mil quilos de cocaína // Desconvocada a folga das dependentas de Inditex na Coruña, despois de que os sindicatos e a empresa chegaran a un acordo para unha suba salarial. 22/12/22

Comeza hoxe o inverno con temperaturas suaves con máximas que mesmo chegaron este mediodía aos 18 graos na Mariña de Lugo ou na Coruña. Cambio de estación, pero o tempo continúa húmido. Chuvascos que serán máis probables esta tarde en calquera punto da comunidade. 21-12-22

Caen as 10.000 toneladas de formigón da torre da antiga central térmica de Meirama. A demolición controlada muda a paisaxe de Cerceda e simboliza o cambio de ciclo na maneira de producir enerxía // Unha alianza industrial na que participan empresas, centros de coñecemento, sindicatos, os portos e a Xunta, aspira a situar Galicia no liderado na produción de hidróxeno verde // Cúmprese un ano da chegada do AVE a Ourense // Estamos ás portas do Nadal e un sinal témolo hoxe en Vilalba, na tradicional feira do capón 21-12-22

 

Demolición controlada da torre de refrixeración de Meirama // Unha alianza industrial aspira a situar Galicia no liderado na produción de hidróxeno verde // Un ano da chegada do AVE a Ourense // Estamos ás portas do Nadal e un sinal témolo hoxe en Vilalba, na tradicional feira do capón 21-12-22

Conta atrás para a Lotaría de Nadal. Mañá a estas horas algún de nós podería ser millonario // En Vilalba, na tradicional feira do capón, vendéronse máis dun milleiro de capóns para as ceas de Noiteboa // Galicia aspira a ser líder en España na produción de hidróxeno verde, unha das fontes de enerxía que substituirá os combustibles fósiles // O centros de saúde contarán con 100 médicos máis, segundo anunciou Alfonso Rueda na sesión de control á Xunta 21-12-22

 A fronte abandona Galicia pero quedamos con chuvascos intermitentes que ocasionalmente poden ser treboentos As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos do suroeste, frouxos no interior, moderados na costa, aumentando a fortes pola noite. 20-12-22

Os servizos de emerxencias atenden máis de cen incidencias nas últimas horas, coa provincia de Pontevedra como a máis afectada. // O Parlamento aproba, cos votos do Partido Popular, o presuposto da Xunta para o ano que ven, o máis alto da historia autonómica. // Os empresarios galegos denuncian lentitude burocrática na tramitación dos proxectos que aspiran a ter finanzamento de fondos europeos Next Generation, e advirten de que se está a producir unha fuga de investimentos ao norte de portugal. Chega a Galicia a tradición norteamericana do Elfo no estante polo Nadal. 20-12-22

Os servizos de emerxencias atenden máis de cen incidencias nas últimas horas, coa provincia de Pontevedra como a máis afectada, con puntos onde se recolleron cerca de 160 litros por metro cadrado. // O Parlamento aproba,, cos votos do Partido Popular, o presuposto da Xunta para o ano que ven, o máis alto da historia autonómica. No pleno, PP e oposición trasladan a Galicia a tensión pola pola crise entre o Goberno e o Tribunal Constitucional. // Os empresarios galegos denuncian lentitude burocrática na tramitación dos proxectos que aspiran a ter finanzamento de fondos europeos Next Generation, e advirten de que se está a producir unha fuga de investimentos ao norte de portugal. // Chega a Galicia a tradición norteamericana do Elfo no estante polo Nadal. Consiste en adoptar un boneco para que faga todo tipo de trasnadas pola casa ata que, na noiteboa, chegue Papá Noel. 20-12-22

Inundacións en baixos comerciais e rúas bloqueadas por asolagamentos. Son os principais efectos do paso do temporal, que deixou xa Galicia, con puntos onde se recolleron cerca de 160 litros por metro cadrado. // Os empresarios galegos demandan axilidade e colaboración entre as adminsitracións para aproveitar os fondos europeos. Din que o consumo está a baixar e auguran un empeoramento da economía nos próximos dous anos. // Chega a Galicia a tradición norteamericana do Elfo no estante polo Nadal. Consiste en adoptar un boneco para que faga todo tipo de trasnadas pola casa ata que, na noiteboa, chegue Papá Noel cos seus agasallos. // 20-12-22

Centos de galegos e, sobre todo, de arxentinos residentes en Galicia saen as rúas a festexar a vitoria de Arxentina no Mundial de Catar, tras unha final frenética e considerada por moitos como unha das mellores da historia. // O Parlamento de Galicia celebra o 41 aniversario da constitución da Cámara autonómica, que se reuníu por primeira vez no pazo de Xelmírez. // O sector do Cerco é a Xunta reclaman un paro biolóxico, logo do recorte drástico de capturas acordado en Bruxelas. // A vila de San Cibrao, na Mariña de Lugo, é o lugar onde se sitúa un dos anuncios da lotería de Nadal deste ano. A historia de solidariedade e ilusión que conta, xunto coas localizacións recoñecibles por moitos é un motivo de orgullo para os veciños. 19-12-22

Temporal de chuvia intensa e sobre todo de vento, que provoca caídas de árbores e outros obxetos, con refachos que superaron xa os 130 quilómetros por hora. Toda a costa está en alerta laranxa. // O sector do Cerco é a Xunta reclaman un paro biolóxico voluntario e un reparto da cota do xurelo dacordo coa dependencia que teña cada barco da especie, logo do recorte drástico de capturas acordado en Bruxelas. // Arxentina xa é campioa do mundo de futbol. Coñecida por moitos como a quinta provincia... centos de galegos e, sobre todo, de arxentinos residentes en Galicia saíron onte as rúas a festexalo. // 19-12-22

O anticiclón situado ao noroeste deixa ceos máis despexados pola tarde, agás no norte de Lugo onde persistirán as nubes e con algúns chuvascos. Mañá pola noite agárdase que vaia entrando unha fronte que deixará chuvias intensas durante a xornada do domingo 16-12-22

Polémica pola elección da Coruña para albergar a sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. O concello de Granada, gobernado polo partido socialista, impugna a decisión por considerar que o proceso selectivo non foi transparente. // Renfe anuncia a creación en Monforte dun centro de ciberseguridade, no que traballarán ata 40 profesionais cualificados, saidos das universidades galegas. // As universidades da Coruña e Vigo presentan unha ferramenta para avaliar a fenda de xénero nas Tecnoloxías da Comunicación. Actualmente So un 12 por cento das matrículas desas carreiras corresponden a mulleres. // Iniciativa solidaria no barrio ourensán de Mariñamansa para dinamizar o comercio local con agasallos de cestas nadal para os veciños. 16-12-22

Polémica pola elección da Coruña para albergar a sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. O concello de Granada, gobernado polo partido socialista, impugna a decisión por considerar que o proceso selectivo non foi transparente. // Renfe anuncia a creación en Monforte dun centro de ciberseguridade, no que traballarán ata 40 profesionais cualificados, saidos das universidades galegas. // As universidades da Coruña e Vigo presentan unha ferramenta para avaliar a fenda de xénero nas Tecnoloxías da Comunicación. Actualmente So un 12 por cento das matrículas desas carreiras corresponden a mulleres. // Iniciativa solidaria no barrio ourensán de Mariñamansa para dinamizar o comercio local con agasallos de cestas nadal para os veciños. 16-12-22