Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os termómetros descenden un chisco, pero seguimos con moita calor e inestabilidade atmosférica, con máis nubes e chuvascos treboentos ocasionais. O embolsamento de aire frío continúa prácticamente inmóbil ao oeste da Península e seguirá traendo aire moi cálido a Galicia ata o domingo. 15-07-22

O lume avanza en 10 puntos diferentes, con dous incendios declarados de nivel 2 por risco para as vivendas. No medio dunha megavaga de calor que pasa á historia meteorolóxica galega, logo de acadar rexistros de récord coma os 44 graos na cidade de Ourense. // Despois de dous anos de parón... regresan a Casas Novas os mellores xinetes e amazonas do mundo, chegados de 16 países, para o concurso internacional de Hípica. Varios participantes galegos queren deixar alto o pavillon local nas probas que comezaron esta mañá. // A Coruña, Nigrán, Vilagarcía ou Ortigueira. Os festivais enchen Galicia esta fin de semana con ofertas para todolos gustos, coa presenza de figuras destacadas dende Miguel Ríos a Xoel López, Andrés Calamaro ou as Tanxugueiras. // 15-07-22

A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. // A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. Poden superar os 42 graos. // A escaseza de auga leva o concello coruñés de Paderne a cortar a subministración durante 36 horas. O alcalde atribúeo a un consumo excesivo fora do uso doméstico por parte dos veciños. O corte obrigará a pechar algún establecemento, aínda que a maioría das vivendas contan con pozos particulares. // A libraría de Fernando Iglesas, especializada en comic manga, convírtese en fenómeno viral gracias aos seus vídeos curtos está a causar sensación en Tik Tok, a rede máis popular entre a mocidade. 14-07-22

Os termómetros quedarán por riba dos 35 graos colas en boa parte de Galicia. Agárdanse, por exemplo, corenta en Santiago. mínimas que esta noite non baixaron dos 25 graos en moitas localidades. Ceos con nubes altas, brétemas costeiras no litoral norte e algún chuvasco illado nas montañas pola tarde. 14-07-22

Grazas á plataforma, unha libraría de Pontevedra especializada en cómic manga está a conseguir que o seu negocio remonte, logo de que estivera a piques de pechar.

A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. // A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. Poden superar os 42 graos. // A escaseza de auga leva o concello coruñés de Paderne a cortar a subministración durante 36 horas. O alcalde atribúeo a un consumo excesivo fora do uso doméstico por parte dos veciños. O corte obrigará a pechar algún establecemento, aínda que a maioría das vivendas contan con pozos particulares. // 14-07-22

A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. // A noite tropical, o que era un fenómeno prácticamente descoñecido ata agora, repítese por gran parte de Galicia. Zonas do sur como Ourense seguen este xoves en alerta vermella. Poden superar os 42 graos. // A escaseza de auga leva o concello coruñés de Paderne a cortar a subministración durante 36 horas. O alcalde atribúeo a un consumo excesivo fora do uso doméstico por parte dos veciños. O corte obrigará a pechar algún establecemento, aínda que a maioría das vivendas contan con pozos particulares. // A libraría de Fernando Iglesas, especializada en comic manga, convírtese en fenómeno viral gracias aos seus vídeos curtos está a causar sensación en Tik Tok, a rede máis popular entre a mocidade. 14-07-22

logo desa noite tropical temos un novo un día de moita calor. Agárdase que Ourense volva superar os 43 graos, a máxima histórica. Os avisos por temperaturas extremas exténdense a hoxe. // O Ine confirmou hoxe o dato da inflación de xuño, , máis dun 10 por cento superior a hai un ano e que en Galicia subiu case un punto máis. Unha taxa que non se rexistraba dende hai 37 anos. Un estudo da OCU eleva a máis do 15 por cento a suba anual da cesta da compra.// A escultura chamada "Acordo xusto", preside a partir de hoxe a cidade da Xustiza de Vigo, na nova praza Miguel Angel Blanco, que conmemora o aniversario da morte do concelleiro vasco asasinado pola banda terrorista ETA. // 13-07-22

Seguen as temperatuas moi altas a causa dnha masa de aire moi cálida, impulsada pola combinación das altas presións e unha baixa localizada ao norte das illas Madeira. Hai algunhas nubes altas e brétemas costeiras no litoral entre Fisterra e Ribadeo. 13-07-22

Ourense supera as previsións e bate a máxima histórica con máis de corenta e tres graos e Vigo vive unha auténtica noite tropical, con mínimas que non baixan dos 29, a máis cálida das útlimas décadas. Os avisos por temperaturas extremas exténdense a hoxe. // O IPC anual sobe en Galicia o 11´1 por cento, un punto máis que a media do conxunto de España. A Ocu estima o aumento de prezos dos produtos básicos en máis do 15 por cento no último ano. // A crise enerxética leva á Central das Pontes, a poder reanudar a produción de electricidade a partir de carbón, se así o recomenda un informe encargado polo Goberno. Sería a segunda marcha atrás, dende que Endesa anunciara o peche definitivo da planta. // 13-07-22

Ourense supera as previsións e bate a máxima histórica con máis de corenta e tres graos e Vigo vive unha auténtica noite tropical, con mínimas que non baixan dos 29, a máis cálida das útlimas décadas. Os avisos por temperaturas extremas exténdense a hoxe. // O IPC anual sobe en Galicia o 11´1 por cento, un punto máis que a media do conxunto de España. A Ocu estima o aumento na cesta da compra de produtos básicos en máis do 15 por cento no último ano. // A crise enerxética leva á Central das Pontes, a poder reanudar a produción de electricidade a partir de carbón, se así o recomenda un informe encargado polo Goberno. Sería a segunda marcha atrás, dende que Endesa anunciara o peche definitivo da planta. // 13-07-22

A vaga de calor, das máis intensas que se recordan, con puntos nos que se poden batir records de temperaturas. A axencia Estatal de Meteoroloxía pon especial atención na cidade de Ourense, onde os termómetros superan xa os 42 graos. // Moitos os turistas e curiosos achegronse ao porto de Combarro para ver á balea que apareceu alí varada. O animal, de dúas toneladas de peso e uns de seis metro e medio de longo, quedou atratapado coa marea baixa e non puido sair ao mar.// Marta Ortega agradece ao seu pai a adicación a Inditex na súa intervención ao comparecer por primeira vez na xunta de accionistas coma presidenta da multinacional. // 12-07-22

As altas presións e a presenza dunha baixa desprendida entre Azores e a Península deixan esta nova xornada moi calorosa. As temperaturas ascenden na fachada atlántica de xeito notable e manteñense moi elevadas no resto, con valores máximos que poden superar os 35 graos na costa e os corenta no interior. 12-07-22

Refrescándose á beira do Miño, ante a vaga que non para de elevar os termometros. Ourense en alerta vermella, é a cidade coa previsión máis alta, por riba dos 41 graos, pero tamén se poden batir records noutros puntos de Galicia. // Os equipos de extinción loitan contra un incendio declarado na localidade ourensá de Ribadavia. A primeira estimación é de 20 hectáreas calcinadas, mentres a maior parte do territorio galego é declarado en risco extremo de lume forestal. // Marta Ortega asiste por primeira vez como presidenta de Inditex, á Xunta de Accionistas da compañía fundada polo seu pai. // Comenza na Costa da Morte a rodaxe de 'Los Argonautas', a primeira serie infantil de imaxe real para Clan. Conta a historia dun grupo de nenos e nenas que deben resolver un gran misterio durante as súas vacacións de verán. // 12-07-22

Agárdanse unhas 30 mil persoas esta noite en Santiago para asistir ao concerto de Imagine Dragons, unha das bandas actuais de referencia, que leva vendidos mais de 45 millóns de discos. // Sigue en aumento a presión hospitalaria. Os pacientes ingresados soben a 932, 77 máis, e hai 34 nas UCi. A cifra de vítimas mortais pola Pandemia mantense en 3.663. // Propietarios de vivendas de uso turístico de Santiago piden á Xunta que actúe fronte ao concello de Santiago, que ordeou o peche dalgúns dos apartamentos autorizados pola Consellería da Vivenda. // O Juan Sebastian Elcano continua o seu periplo por augas galegas no marco dos actos dos cincocentos anos da primeira volta ao mundo. A embarcación visitou hoxe as augas de Baiona para asistir a un acto de homenaxe á armada española. 11-07-22

Presencia de aire moi cálido en superficie. No litoral mantéñense as brétemas costeiras que dan unha certa tregua, pero que van disipándose pola tarde. máxima de vintecatro graos na Coruña ou en Vigo, En cambio No interior as temperaturas moi altas, ata corenta graos en Ourense. 11-07-22

As tres eurocidades formadas por seis concellos galegos e portugueses do Rio Miño estrean un servizo de bicicletas eléctricas de balde para cruzar a fronteira e percorrer vilas e ecovías das dúas beiras, un proxecto pioneiro na península ibérica.

A temporada turística avanza xa uns resultados de ocupación superiores aos de antes Pandemia. O Sector confirma as previsión de mellorar as cifras de visitantes pese ao aumento da inflación e a incerteza económica. // Aumento das hospitalizacións por Covid ata cerca de mil pacientes ingresados, dos que 34 están nas UCi. Logo dos datos da fin de semana, a taxa de positividade aumenta no conxunto de Galicia ao 53 por cento. // As tres eurocidades formadas por concellos galegos e portugueses do Rio Miño estrean un servizo de bicicletas eléctricas de balde para cruzar a frontera, financiado con fondos europeos. // Unhas 30 mil persoas esperan asistir esta noite en Santiago á cita con Imagine Dragons. O grupo norteamericano, principal aposta do Xacobeo, fai aquí o único concerto da sua xira na Península. // 11-07-22