Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres para rexeitar a violencia machista, que este ano deixou unha vítima mortal en Galicia e milleiros de mulleres agredidas // Hoxe os novos contaxios rexistrados superaron os 500 e os hospitalizados pasan de cen // Os gandeiros levan a súa protesta ante a sede da compañía Lactalis en Madrid. Acúsana de incumprir a lei da cadea alimentaria ao pagarlles polo leite uns prezos inferiores ao custo de produción // Peiteadoras e profesionais da estética pasan a noite pechadas nos seus establecementos. Protestan polas dificultades que atravesa o sector trala pandemia e reclaman unha rebaixa do IVE. 25-11-2021

A Fábrica Nacional presenta a moeda que conmemora o Xacobeo 2021-2022. Fabricada en plata, cun valor nominal de 30 euros, nunha cara representa a unha peregrina coa catedral de fondo. Na outra, os rostros dos reis de España. // A prioridade de Galicia é a reforma do financiamento e non a do estatuto de autonomía. é a resposta de Núñez Feijóo á oposición no Parlamento, nunha sesión de control na que tamén polemizou con Ana Pontón sobre a crise da industria na Mariña de Lugo. // Joshua Mateo, fillo de Sesé, a muller asasinada pola ex-parella, na súa casa de Redondela en 2017, recibe hoxe un dos premios que entrega o Ministerio de Igualdade polo seu labor contra a violencia machista. // O Museo de Pontevedra acolle unha selección de obras de 50 grandes mestres do origami, a arte do pregado do papel sen tesoiras nin pegamentos. Unha mostra, acompañada de obradoiros de papiroflexia, que está a ter una gran acollida de público 24-11-2021

Aumenta a inestabilidade, nunha nova xornada de ceos nubrados, con chuvias febles, e con temperaturas que van dos 6 graos de Ourense aos 15  de máxima en Vigo. Pola noite chega unha fronte polo noroeste con chuvias xa xeneralizadas, e neve arredor dos 1.300 metros. 24-11-2021

Máis de 2.500 médicos internistas reunidos nun congreso en Santiago advirten do incremento dos pacientes crónicos. // Galicia supera xa o os 3.000 casos activos, e ve aumentar a presión hospitalaria mentres é aprobada a terceira dose para tódolos maiores de 60 anos. Comenzará a ser administrada cando remate a da poboación de 70 a 79 anos. // Policías e Gardas Civis secundan nas cidades galegas a convocatoria de protestas contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, a chamada lei mordaza. Din que os cambios previstos perxudicarán ao seu traballo e aos cidadáns. // Máis de 100.000 alegacións contra os proxectos de Parques eólicos na Serra da Groba, entre Baiona e o Rosal, presentadas por concellos e particulares. Din que a tramitación está a burlar a lei para evitar o estudo de impacto ambiental. 24-11-2021

Por un finanzamento autonómico que teña máis en conta a despoboación. E o acordo dos oito presidentes reunidos en Santiago, nunha fronte, din, que non vai contra ninguén, pero que quere evitar un novo sistema a base de negociacións bilaterais. // Asociacións de persoas xordas concentranse diante do Parlamento, para pediren recursos para o alumnado. Nos colexios precisan máis especialistas en audición e linguaxe, intérpretes en lingua de signos e terapeutas. // Un a través do futbol, outra paseando polas súas lembranzas. O noso compañeiro Xabier Fortes e a súa irmá Susana veñen de publicar senllos libros que son, cada un ó seu xeito, unha homenaxe a Pontevedra, a cidade que os viu nacer. O de Susana Fortes titúlase "Pontevedra, tal como éramos", e o de Xabier, "Crónicas cancheras". // Nenos do Courel e do Incio que explican o que é para eles a igualdade. Os seus testemuños forman parte da iniciativa "Da mesma raíz" para concienciar contra a violencia de xénero desde o rural. 23-11-2021

Continúa a influcencia da intensa borrasca situada no Mediterráneo que achega aire frío. Os ceos están máis nubrados ao norte, onde teremos chuvascos ocasionais. As temperaturas ascenderán lixeiramente, a mínima de catro graos en Lugo e a máxima de 16 en Vigo. 23-11-2021

Acordo dos oito presidentes reunidos en Santiago para un novo modelo de financiamento autonómico que teña en conta a despoboación. Na declaración conxunta, piden que o sistema permita atender as necesidades dos cidadáns vivan donde vivan. // A Xunta e os representanes da Hostalaría chegan a un acordo para que o certificado covid sexa necesario para entrar nos restaurantes, e tamén en bares e cafetarías a partir das nove da noite. Ademáis haberá un límite de 15 comensais por mesa. // Dous mil quilos de polos, repartidos de balde entre os veciños de Pontevedra, para denunciar as fortes subas dos custes de produción que soportan as máis de 600 granxas galegas. //.A socialista Eva García de la Torre presenta a dimisión como alcaldesa do Porriño. A sua renuncia era a condición do grupo local de Esquerda Unida para non apoiar unha moción que daría o goberno municipal ao Partido Popular. 23-11-2021

Dúas horas e dezaseis minutos: é o que tardou o AVE en facer o seu primeiro percorrido dende Madrid ata Ourense, 90 minutos menos do que tardan os trens actuais. // As luces do Nadal de Vigo volven converter a cidade nun atractivo turístico. Cos cálculos do alcalde, por cada euro de gasto a cidade ingresa entre cincocentos e mil euros. Compara o gasto enerxético co dun campo de futbol nun mes. // No que vai de ano morreron nas estradas galegas 59 persoas, unha terceira parte foron os coñecidos como usuarios vulnerables. 12 motoristas, 8 peóns e un ciclista ademáis de producirse máis de cen atropelos. // O Cantautor e Guitarrista nixeriano Bombino, está hoxe en Ourense. É un dos principais representantes da música tuareg, caracterizada polos ritmos hipnóticos. 12-11-2021

Primeira chegada do AVE de Madrid a Galicia. Cuns minutos de adianto, A Ministra de Transportes completa con Núñez Feijóo a viaxe de probas ata a estación de OUrense. Dende mañá poderán comprarse os billetes para a liña, que empezara a funcionar o día 21. // A central térmica das Pontes, de novo en funcionamento. Endesa deecide retomar a actividade de xeito excepcional pola situación do mercado enerxético. Pero aclara que segue adiante cos plans de peche definitivo. // Segue o aumento da incidencia da Pandemia, con cerca de 2.700 casos activos, ainda que apenas aumentan as hospitalizacións. Sanidade advirte de intentos de fraude sobre a administración da terceira dose e aclara que a citación so se fai dende teléfonos fixos e nunca se solicita informacón persoal nin resposta. // Unha nova investigación policial desbota calquera relación coa mafia de Diego Bello, o coruñés que morreu tiroteado en Filipinas. Tamén son imputados Os tres axentes que lle dispararon. 12-11-2021

Os ceos, máis nubrados canto máis ao norte, con chuvias ocasionais que son en forma de neve a partir dos 900 metros. As temperaturas sofren un claro descenso, con máximas que quedan en 13 graos en Pontevedra, mentres en Lugo non pasan dos 8. 12-11-2021

Viaxe de probas da alta velocidade de Madrid a Galicia. Dende mañá poderán comprarse os billetes para a liña, que empezara a funcionar o día 21.

18 colexios e institutos de Galicia terán coma reto construír un dron para agagar un incendio. Teñen de prazo ata maio, dentro da primeira liga de dron auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza.

Volta aos grandes recintos de vacinación masiva, agora para recibir a terceira dose as persoas entre 70 e 79 anos // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Tensión no aeroporto da Coruña, por unha ameaza de bomba nun avión procedente de Bilbao que resultou ser falsa // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno. 19-11-2021