Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19 

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As grandes cadeas comezan hoxe o periodo oficial de descontos, ainda que moitos establecementos xa levan días coas rebaixas de verán // 80 nenos en tratamento oncolóxico percorren os últimos quilómetros do Camiño de Santiago // En moitos concellos e outras institucións ondea hoxe a bandeira do arco da vella, polo día internacional do orgullo LGTBI // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19

Medra a influencia anticiclónica sobre Galicia. Temos un día de sol e ceos despexados, con algunhas nubes baixas e néboas ao principio e final da xornada en puntos do norte. As temperaturas ascenden a valores máis propios desta época do ano. Oscilarán entre os 22 graos da Coruña e Vigo e os 32 de Ourense. Unha situación que se repetirá na fin de semana. 28/06/19 

Case 600 mil vehículos circularán esta fin de semana polas estradas galegas, na que é a primeira gran operación saída deste verán // José Manuel Baltar acaba de ser reelexido coma presidente da Deputación de Ourense, co apoio dos dous deputados de Democracia Ourensá // As grandes cadeas comezan hoxe o periodo oficial de descontos, ainda que moitos establecementos xa levan días coas rebaixas de verán // 80 nenos en tratamento oncolóxico percorren os últimos quilómetros do Camiño de Santiago // En moitos concellos e outras institucións ondea hoxe a bandeira do arco da vella, polo día internacional do orgullo LGTBI // As Medallas Castelao deste ano entréganse a cinco mulleres que representan o mellor de Galicia. 28/06/19

O Consello da Xunta inicia a tramitación dunha lei para fomentar a natalidade e o retorno dos emigrantes // A industria aeronáutica e espacial comparte hoxe as súas iniciativas nun congreso en Santiago // Hoxe é o día das persoas xordo-cegas e un grupo de mozas e mozos con esta diversidade funcional chegaba á praza do Obradoiro tras percorrer cen quilómetros do Camiño Portugués. 27/06/19

O Consello da Xunta inicia a tramitación dunha lei para fomentar a natalidade e o retorno dos emigrantes // Burela terá que volver sacar as urnas para repetir eleccións municipais nunha das mesas do concello mariñano, por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia // A industria aeronáutica e espacial comparte hoxe as súas iniciativas nun congreso en Santiago // As Rías Baixas agardan aproximarse ao 70 por cento de ocupación media na temporada turística deste verán // José Luis Martí non renova como adestrador do Deportivo para a próxima tempada // Hoxe é o día das persoas xordo-cegas e un grupo de mozas e mozos con esta diversidade funcional chegaba á praza do Obradoiro tras percorrer cen quilómetros do Camiño Portugués. 27/06/19

Galicia mantense allea á calor extrema de boa parte da Península. Aquí as temperaturas son as normais nesta época do ano. Hoxe o ceo alterna nubes e claros, vai estar máis despexado por momentos no interior, e a probabilidade de chuvia limítase a puntos das provincias de Lugo e Ourense durante a tarde. O vento sopra frouxo. 27/06/19

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón. 26/06/19

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón // Os comités de Alcoa instan ao Goberno a tomar medidas que fagan competitivo o prezo da enerxía // A ONU recoñece a xestión realizada en Galicia para recuperar as vacas da raza caldelá, que crían 45 gandeiros na nosa comunidade // 1.500 militares dos tres exércitos participan esta semana en Galicia nun exercicio que pon a proba o sistema de defensa aérea nacional. 26/06/19

Galicia escapa á vaga de calor e continuará nunha situación atmosférica intermedia entre altas e baixas presións. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos que pola mañá se rexistrarán na franxa atlántica e á tarde serán máis probables no interior. As temperaturas mínimas ascenderon lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable. 26/06/19

Nubes, chuvias febles na franxa atlántica e temperaturas frescas. Galicia representa hoxe o contraste co resto de España, onde comeza a arreciar a vaga de calor // A xestión dos dez anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta centrou hoxe o debate no Parlamento galego // A farmacéutica de orixe galega Pharmamar estase preparando para sair á bolsa nos Estados Unidos, mentres busca investidores para seguir investigando fármacos contra o cancro de pulmón // Os comités de Alcoa instan ao Goberno a tomar medidas que fagan competitivo o prezo da enerxía // A ONU recoñece a xestión realizada en Galicia para recuperar as vacas da raza caldelá, que crían 45 gandeiros na nosa comunidade // 1.500 militares dos tres exércitos participan esta semana en Galicia nun exercicio que pon a proba o sistema de defensa aérea nacional. 26/06/19

O Parlamento de Galicia elixe aos tres senadores por designación autonómica: Jesús Vázquez e Elena Muñoz, polo PP, e José Manuel Sande por En Marea // En Pontevedra suspendeuse o xuízo contra Sinaí Giménez e outros cinco acusados de agredir a un abogado e a varios gardas civís, pola incomparecencia de tres encausados // Comeza en Lugo a derruba do antigo hospital xeral, oito anos despois do seu peche. 25/06/19

O Parlamento de Galicia elixe aos tres senadores por designación autonómica: Jesús Vázquez e Elena Muñoz, polo PP, e José Manuel Sande por En Marea // En Pontevedra suspendeuse o xuízo contra Sinaí Giménez e outros cinco acusados de agredir a un abogado e a varios gardas civís, pola incomparecencia de tres encausados // Comeza en Lugo a derruba do antigo hospital xeral, oito anos despois do seu peche // As comarcas do sur de Galicia son as que acumulan máis gas radón, segundo o novo mapa presentado hoxe pola Universidade de Santiago // Arrancan os campamentos de verán para axudar ás familias a conciliar durante as vacacións escolares. 25/06/19

Hoxe será outra xornada marcada pola inestabilidade, aínda con aire frío nas capas altas da atmósfera. Ademais, teremos entrada de aire cálido en superficie o que aumentará as temperaturas, pero tamén a pobabilidade de treboadas que deixarán chubascos pola tarde, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. As máximas oscilarán entre os 29 graos en Ourense e os 22 na Coruña. 25/06/19 

O Parlamento de Galicia elixe aos tres senadores por designación autonómica: Jesús Vázquez e Elena Muñoz, polo PP, e José Manuel Sande por En Marea // En Pontevedra suspendeuse o xuízo contra Sinaí Giménez e outros cinco acusados de agredir a un abogado e a varios gardas civís, pola incomparecencia de tres encausados // Comeza en Lugo a derruba do antigo hospital xeral, oito anos despois do seu peche // As comarcas do sur de Galicia son as que acumulan máis gas radón, segundo o novo mapa presentado hoxe pola Universidade de Santiago // Arrancan os campamentos de verán para axudar ás familias a conciliar durante as vacacións escolares. 25/06/19

Galicia ocupa a segunda posición das comunidades do estado en número de praias con bandeira azul: 107, e o concello que máis ten é o de Sanxenxo // A Asociación de canteiros de Poio podería participar na recuperación da catedral de París. A alcaldesa da cidade aceptou o seu ofrecemento tras o incendio de Notre Dame // Pese á decepción polo Dépor, unhas cen mil persoas celebraron a noite de San Xoan na Coruña, que rematou sen incidentes graves. 24/06/19

Galicia ocupa a segunda posición das comunidades do estado en número de praias con bandeira azul: 107, e o concello que máis ten é o de Sanxenxo //  A xunta quere que tódolos concellos galegos conten cun plan de emerxencia contra a seca e vai financiar o seu custe con axudas de ata 15.000 euros // A Asociación de canteiros de Poio podería participar na recuperación da catedral de París. A alcaldesa da cidade aceptou o seu ofrecemento tras o incendio de Notre Dame // O Deportivo desperdiciou dous goles de vantaxe e seguirá un ano máis na Segunda Divisón, tras perder por tres goles a cero en Mallorca // Unhas cen mil persoas celebraron a noite de San Xoan na Coruña, que rematou sen incidentes graves //  Abre no concello lucense de Láncara un museo dedicado ao Campo e a maquinaria Agraria. 24/06/19

Comezamos unha semana con baixas presións no Atlántico e unha masa de aire cálido que irá chegando ao leste da península Ibérica. No medio queda Galicia, onde hoxe teremos un día de ceos cubertos con algún chubasco ocasional, máis probable na metade leste. Sensación de bochorno, as máximas ascenden un chisco no interior. Oscilan entre os 25 graos de Ourense e os 21 da Coruña. 24/06/19