Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Abre ao tráfico esta tarde o terceiro e último treito da autovía do Morrazo, que permite completar a viaxe de Cangas ata Vigo todo por autovía // O desacordo na designación do senador autonómico que lle corresponde a En Marea acaba por romper o grupo parlamentario desta formación, que deixa de ser o primeiro grupo da oposición en Galicia // Sardiña abundante, de moi boa calidade e máis barata que en anos anteriores para a noite de San Xoan. 21/06/19

Abre ao tráfico esta tarde o terceiro e último treito da autovía do Morrazo, que permite completar a viaxe de Cangas ata Vigo todo por autovía // O desacordo na designación do senador autonómico que lle corresponde a En Marea acaba por romper o grupo parlamentario desta formación, que deixa de ser o primeiro grupo da oposición en Galicia // A oferta de prazas na FP dual, na que a maior parte da formación se fai con prácticas en empresas, medra un 60 por cento para o próximo curso en Galicia // O grupo Hotusa, que preside o empresario de Chantada Amancio López, continúa a súa expansión por Galicia, onde xa conta con 15 establecementos hoteleiros // Sardiña abundante, de moi boa calidade e máis barata que en anos anteriores para a noite de San Xoan // O Dépor pon un pé na Primeira División ao sentenciar un dous a cero contra o Mallorca en Riazor e garda ascender na noite de San Xoan. 21/06/19

Esta tarde daremos a benvida ao verán con ceos máis despexados e con temperaturas en ascenso. As máximas acadarán os 25 graos polo interior e os 20 na costa. Mañá continuará o ascenso térmico pero a última hora do día a entrada dunha borrasca provocará chuvias que segundo os pronósticos remitirán a tempo para as cacharelas do San Xoan. 21/06/19

O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división. 20/06/19

O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // Hoxe podería decidirse o futuro da fábrica de Alcoa na Coruña e os traballadores piden garantías para dar o visto bo á venda ao fondo suízo Parter // Máis de medio milleiro de axentes forestais apuran os labores de prevención nos montes públicos, nestes días nos que o nivel de risco de incendios aínda é baixo // Hoxe é o Día Mundial dos Refuxiados e apelan á historia da emigración galega para concienciar sobre os desprazados // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división // A "Coca" e a Danza das Penlas animan a tradicional festa do Corpus en Redondela // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia. 20/06/19

Este último día da primavera déixanos unha situación atmosférica moi indefinida, entre as altas e as baixas presións. Os ceos seguen cubertos ata ao final da tarde cando se agarda que se vaian abrindo algúns claros sobre todo no sur. Nas próximas horas tamén se agardan algunhas chuvias febles e chubascos ocasionais no interior e zonas altas. 20/06/19

O presidente da Xunta reúne a tódolos altos cargos do seu goberno para presentarlles os obxectivos estratéxicos ata o 2030 // Hoxe podería decidirse o futuro da fábrica de Alcoa na Coruña e os traballadores piden garantías para dar o visto bo á venda ao fondo suízo Parter // Máis de medio milleiro de axentes forestais apuran os labores de prevención nos montes públicos, nestes días nos que o nivel de risco de incendios aínda é baixo // Hoxe é o Día Mundial dos Refuxiados e apelan á historia da emigración galega para concienciar sobre os desprazados // A Coruña tínguese de branquiazul e Riazor terá cheo absoluto esta noite no primeiro asalto da final de ascenso á primeira división // A "Coca" e a Danza das Penlas animan a tradicional festa do Corpus en Redondela // O verán que comeza mañá, ás seis menos seis minutos da tarde, será algo máis cálido do habitual e normal en canto a precipitacións, segundo o pronóstico da AEMET en Galicia. 20/06/19

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // A dirección de Alcoa explicaralle hoxe aos traballadores o preacordo para vender as fábricas da Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% //  As praias galegas volverán ter déficit de socorristas este verán, polo que a Xunta e a Fegamp estudan crear unha bolsa de profesionais para facilitarlles a contratación aos concellos // O Concello da Coruña reforza o dispositivo de seguridade para a noite de San Xoan, por se o Dépor logra o ascenso á primeira división // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

O novo Peugeot 2008 fabricarase en Vigo para toda Europa e con versión 100% eléctrica // A dirección de Alcoa explicaralle hoxe aos traballadores o preacordo para vender as fábricas da Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter // Os médicos cifran o seguemento da folga en Atención Primaria entre un 50 e un 95%, o Sergas redúceo ao 21% //  As praias galegas volverán ter déficit de socorristas este verán, polo que a Xunta e a Fegamp estudan crear unha bolsa de profesionais para facilitarlles a contratación aos concellos // O Concello da Coruña reforza o dispositivo de seguridade para a noite de San Xoan, por se o Dépor logra o ascenso á primeira división // A historia da cervexa e a familia Rivera no Museo de Estrella Galicia que hoxe abre as súas portas na Coruña. (19/06/19)

Seguimos con ceos cubertos e chubascos ocasionais, sobre todo na metade norte. Chuvias que tenden a remitir ao final da tarde. As temperaturas sen cambios, agás no terzo norte onde descenden as máximas que, en xeral, quedarán en torno aos 20 graos. Para mañá e, sobre todo, o venres agárdase unha lixeira melloría do tempo. (19/06/19)

Alcoa chega a un principio de acordo co fondo suízo Parter para venderlle as fábricas da Coruña e Avilés // Un informe do BBVA estima que Galicia creará trinta mil empregos ata finais de 2020 // Abre en Ordes un novo albergue para os peregrinos que veñen a Santiago polo Camiño Inglés. (18/06/19)

Peche dos traballadores de Alcoa na Delegación do Goberna da Coruña // Un informe do BBVA estima que Galicia creará trinta mil empregos ata finais de 2020 // O sector pesqueiro pídelle ao Ministerio de Traballo que exclúa aos mariñeiros da obriga de fichar // O concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial pola morte dunha nena de tres anos, afogada ao caer na piscina duns veciños // A Universidade de Santiago ofertará o próximo curso un novo grao de Robótica no Campus de Lugo // Abre en Ordes un novo albergue para os peregrinos que veñen a Santiago polo Camiño Inglés. (18/06/19)

Unha borrasca ao oeste de Portugal trouxo de volta a chuvia. Precipitacións que serán máis persistentes na metade occidental. Mesmo poderían ser localmente fortes no suroeste da Coruña e acompañadas de treboadas. As temperaturas mínimas ascenderán e as máximas baixan algo polo interior. O vento arreciará nas horas centrais ao sur de Fisterra e en zonas altas do interior. (18/06/19)

Peche dos traballadores de Alcoa na Delegación do Goberna da Coruña // Un informe do BBVA estima que Galicia creará trinta mil empregos ata finais de 2020 // O sector pesqueiro pídelle ao Ministerio de Traballo que exclúa aos mariñeiros da obriga de fichar // O concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial pola morte dunha nena de tres anos, afogada ao caer na piscina duns veciños // A Universidade de Santiago ofertará o próximo curso un novo grao de Robótica no Campus de Lugo // Abre en Ordes un novo albergue para os peregrinos que veñen a Santiago polo Camiño Inglés. (18/06/19)

Nas próximas horas pasarán a disposición da Audiencia Nacional os considerados coma líderes de Resistencia Galega, detidos esta fin de semana en Vigo // A aceleradora da automoción de Vigo creou 35 empresas e máis de 250 postos de traballo en tres anos // Xunta e Caixabank asinan o primeiro acordo de patrocinio ante a celebración do Xacobeo 2021 por mil millóns de euros. 17/06/19 

Nas próximas horas pasarán a disposición da Audiencia Nacional os considerados coma líderes de Resistencia Galega, detidos esta fin de semana en Vigo // O novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ten como unha das primeiras tarefas negociar co Partido Popular como se van repartir as áreas  de goberno // En Vigo Abel Caballero abre a súa cuarta lexislatura co nomeamento de catro tenencias de Alcaldía. En Santiago, Sánchez Bugallo asegura que buscará acordos con todos os grupos para gobernar. E en Lugo dimite o secretario provincial do PSdeG, Alvaro Santos // A aceleradora da automoción de Vigo creou 35 empresas e máis de 250 postos de traballo en tres anos // Xunta e Caixabank asinan o primeiro acordo de patrocinio ante a celebración do Xacobeo 2021 por mil millóns de euros // Longas ringleiras en Riazor para facerse con entradas para o Dépor-Mallorca do xoves, primeiro dos dous partidos da final polo ascenso á Primeira División. 17/06/19

Achégase unha borrasca polo Atlántico. Despois dunha mañá de brétemas e de ceos máis despexados polo sur, á tarde  aumenta a nubosidade, que mesmo podería deixar algunha chuvia feble e dispersa. As temperaturas soben algo. As máximas oscilarán entre os 20 graos da Coruña e os 27 de Ourense. 17/06/19