Comezan en Vigo os traslados de enfermos ingresados ao novo hospital da cidade // Recuperado, na desembocadura do río Xallas no Ézaro o corpo do afeccionado aos deportes de risco que caera a unha poza // As pernoctacións en hoteis galegos aumentaron en xullo un 16 por cento, respecto ao mesmo mes de 2014. 24/08/15
Comezan en Vigo os traslados de enfermos ingresados ao novo hospital da cidade. Durante toda a semana 200 doentes quedarán hospitalizados no Álvaro cunqueiro nun operativo que principiaba esta mañá e que rematará en dúas semanas // Recuperado, na desembocadura do río Xallas, no Ézaro, na costa coruñesa, o corpo do afeccionado aos deportes de risco que caera a unha poza. A operación resultou moi difícil, debido ao escarpado da zona e precisou da colaboración dun helicóptero // Estabilizado en Ourense o incendio forestal que afecta ó municipio de Cualedro e no que arderon máis de trescentas hectáreas. O vento está a complicar a extinción deste lume que leva máis de 24 horas activo. Sesenta persoas traballan na zona para tratar de apagalo. 24/08/15
Comezan en Vigo os traslados de enfermos ingresados ao novo hospital da cidade. Durante toda a semana 200 doentes quedarán hospitalizados no Álvaro cunqueiro nun operativo que principiaba esta mañá e que rematará en dúas semanas // Recuperado, na desembocadura do río Xallas, no Ézaro, na costa coruñesa, o corpo do afeccionado aos deportes de risco que caera a unha poza. A operación resultou moi difícil, debido ao escarpado da zona e precisou da colaboración dun helicóptero // Seguen os bos datos de ocupación turística, que este verán está a acadar cifras récord en Galicia. No mes pasado as pernoctacións en hoteis galegos aumentaron un 16 por cento, respecto ao 2014. 24/08/15
Comezan en Vigo os traslados de enfermos ingresados ao novo hospital da cidade // Recuperado, na desembocadura do río Xallas no Ézaro o corpo do afeccionado aos deportes de risco que caera a unha poza // As pernoctacións en hoteis galegos aumentaron en xullo un 16 por cento, respecto ao mesmo mes de 2014. 24/08/15
A semana comeza cunha lenta melloría. De cara a tarde os ceos van ir despexando. 24/08/15
Nova acción dos cerqueiros galegos para reclamar que lles deixen pescar máis bocarte ao sur de Fisterra. Na localidade coruñesa de Portosín guindaron o peixe. Piden así que lles amplíen a cota que esgotaron en febreiro.
Seguen as protestas dos gandeiros en petición de prezos para o leite en orixe que lles cubran os custes de producilo.Hoxe os tractores e manifestantes citáronse na vila coruñesa de Ordes, despois de percorrer as estradas dos municipios da comarca.
O Porto da Coruña confirma que as obras de urbanización da zona da Mariña, en servizo dende mediados desta semana, non tiñan licenza ao non ser necesaria, debido a que se realizaron en base a un convenio co concello coruñés. (21/08/15)
Este venres aínda será un día de sol e temperaturas altas pero de cara a mañá o anticiclón vaise retirando e volverán as chuvias sobre todo o domingo. (21/08/15)
Nova acción dos cerqueiros galegos para reclamar que lles deixen pescar máis bocarte ao sur de Fisterra.
Seguen as protestas dos gandeiros en petición de prezos para o leite en orixe que lles cubran os custes de producilo.Hoxe, na vila coruñesa de Ordes.
O Porto da Coruña confirma que as obras de urbanización da zona da Mariña, en servizo dende mediados desta semana, non tiñan licenza ao non ser necesaria, debido a que se realizaron en base a un convenio co concello. (21/08/15)
Nova acción dos cerqueiros galegos para reclamar que lles deixen pescar máis bocarte ao sur de Fisterra. Na localidade coruñesa de Portosín guindaron o peixe. Piden así que lles amplíen a cota que esgotaron en febreiro
Seguen as protestas dos gandeiros en petición de prezos para o leite en orixe que lles cubran os custes de producilo.Hoxe os tractores e manifestantes citáronse na vila coruñesa de Ordes, despois de percorrer as estradas dos municipios da comarca. Reclámanlles ás administracións medidas para que se impoñan os prezos mínimos que demandan
O Porto da Coruña confirma que as obras de urbanización da zona da Mariña, en servizo dende mediados desta semana, non tiñan licenza ao non ser necesaria, debido a que se realizaron en base a un convenio entre a Autoridade Portuaria e o concello coruñés. (21/08/15)
Nova tractorada en demanda de mellores prezos para o leite.
Os gandeiros volveron demandar medidas das administracións para que eses prezos, en orixe, cubran , ao menos, os custes de produción. Hoxe a protesta tivo lugar na localidade lucense de Vilalba onde centos de tractores percorreron a vila canda unha manifestación, ao tempo que o comercio local pechaba, en sinal de solidariedade.
635 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no último ano. Unha enfermidade que lles foi diagnosticada no programa de detección precoz da Xunta no que este ano participaron máis de 155 mil galegas de entre 50 e 69 anos, un 13% máis un ano antes
Dende hoxe nos centros de saúde galegos xa é posible que os pacientes elixan ao persoal de enfermaría e matrona. Unha opción que sempre será entre o persoal do centro de saúde onde xa teñan o médico de familia ou pediatra coa fin de facilitar o seguimento conxunto do doente. (20/08/15)
Seguimos baixo os efectos do anticiclón. Hoxe superarán os 30 graos, agás na Mariña, onde non pasarán dos 22. (20/08/15)
Nova tractorada en demanda de mellores prezos para o leite. Os gandeiros volveron demandar medidas das administracións para que eses prezos, en orixe, cubran , ao menos, os custes de produción.
635 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no último ano. Unha enfermidade que lles foi diagnosticada no programa de detección precoz da Xunta no que este ano participaron máis de 155 mil galegas de entre 50 e 69 anos, un 13% máis un ano antes
Dende hoxe nos centros de saúde galegos xa é posible que os pacientes elixan ao persoal de enfermaría e matrona. Unha opción que sempre será entre o persoal do centro de saúde onde xa teñan o médico de familia ou pediatra coa fin de facilitar o seguimento conxunto do doente. (20/08/15)
Nova tractorada en demanda de mellores prezos para o leite, nesta ocasión, en Vilalba.
635 mulleres foron diagnosticadas de cancro de mama no último ano.
Dende hoxe nos centros de saúde galegos xa é posible que os pacientes elixan ao persoal de enfermaría e matrona. (20/08/15)
Loce o sol en toda Galicia. O máis destacado é a suba das temperaturas con máximas por riba dos 25 graos e mesmo superando os 30 no interior. (19/08/15)
O Goberno mantén a data de 2018 como a de entrada do AVe en Galicia dende a meseta.
O Goberno tratará de impulsar un acordo entre industria, distribuidoras e gandeiros para lograr un prezo mínimo para o leite en orixe que permita a rendibilidade das granxas.
O Deportivo impúxolle a Luisinho unha sanción de suspensión de emprego e soldo de catro días polo seu enfrontamento co seu compañeiro Arribas. (19/08/15)
O Goberno mantén a data de 2018 como a de entrada do AVE en Galicia dende a meseta. Unha obra na que se levan investido nos últimos tres anos 2.300 millóns de euros. Confirmouno hoxe o Presidente do Goberno, que visitou as obras do tren de alta velocidade entre esta provincia e Zamora.
O Goberno tratará de impulsar un acordo entre industria, distribuidoras e gandeiros para lograr un prezo mínimo para o leite en orixe que permita a rendibilidade das granxas. Unha medida que busca evitar o veto da lexislación europea ao establecemento dese prezo por parte da administración, tal como piden as organizacións agrarias.
O Deportivo impúxolle a Luisinho unha sanción de suspensión de emprego e soldo de catro días polo seu enfrontamento co seu compañeiro Arribas, que tamén foi sancionado. E no celta, avívanse as posibilidades de que Nolito sexa traspasado ao Barcelona, logo de confirmarse a marcha de Pedro dende o clube catalán ao Chelsea inglés. (19/08/15)
O Goberno mantén a data de 2018 como a de entrada do AVe en Galicia dende a meseta. Unha obra na que se levan investido nos últimos tres anos 2.300 millóns de euros. Confirmouno hoxe o Presidente do Goberno, que visitou as obras do tren de alta velocidade entre esta provincia e Zamora.
O Goberno tratará de impulsar un acordo entre industria, distribuidoras e gandeiros para lograr un prezo mínimo para o leite en orixe que permita a rendibilidade das granxas. Unha medida que busca evitar o veto da lexislación europea ao establecemento dese prezo por parte da administración, tal como piden as organizacións agrarias.
No Deportivo Luisinho entoa o mea culpa nun comunicado, admite o seu erro pola pelexa con Arribas. O lateral portugués pide disculpas e tamén que o deixen traballar. Mentres o Celta estuda ceder aos xogadores que menos contan nos plans de Berizzo. O Lugo interesase polos servizos de Madinda. (19/08/15)
O anticiclón comeza a achegarse. As nubes van ir deixando paso a máis claros pola tarde na meirande parte do país agás no norte. As temperaturas máximas comezan a subir. (18/08/15)
Chegou ao porto de Vigo un veleiro, caragado con 600 quilogramos de cocaína, interceptado pola policía en alta mar. Nel chegaron tamén os dous tripulantes, dous galegos, os úlimos arrestados pola policía nacional neste operativo que incluiu otras 19 detencións en Pontevedra, Almería e Córdoba.
Reunión, no ministerio de agricultura, de representantes dos gandeiros, a industria e a distribución en busca de solución á baixada dos prezos do leite en orixe. Poderíase coñecer o informe encargado á Comisión Nacional da Competencia para saber se é aplicable en España o modelo francés de garantirlles un prezo mínimo aos productores.
Polémica entre o Concello e o porto da Coruña polas obras de reforma da zona da Marina. O Goberno local négase a recibir oficialmente parte dun vial e un parque infantil que mañá abren ao público porque di que non existe licencia de obras para unha reforma, realizada en base a un convenio entre o porto e o anterior goberno municipal. (18/08/15)
Chegou ao porto de Vigo un veleiro, caragado con 600 quilogramos de cocaína, interceptado pola policía en alta mar.
Reunión, no ministerio de agricultura, de representantes dos gandeiros, a industria e a distribución en busca de solución á baixada dos prezos do leite en orixe.
Polémica entre o Concello e o porto da Coruña polas obras de reforma da zona da Marina. (18/08/15)