Es noticia:
Es noticia:
arriba Ir arriba
Cabecera Corporación
Responsabilidade Corporativa

A Corporación RTVE, como empresa de servizo público, expresa a súa responsabilidade corporativa no recoñecemento aos dereitos dos seus traballadores e no mantemento dunha actuación responsable coa audiencia, á que ofrece información rigorosa e programas de calidade. Defende os principios e valores constitucionais, garantindo a liberdade, igualdade e pluralidade. Proclama a súa independencia de calquera poder e presta especial atención ás persoas máis vulnerables e desfavorecidas. Ten o compromiso de promover os dereitos e a protección do medio ambiente.

Principios
Misión
Misión

RTVE responde ao seu carácter de empresa de comunicación de servizo público. Este obrígaa a garantir unha información rigorosa, independente e plural e un entretemento de calidade. A fomentar o debate, a innovación e a creación. A apoiar a difusión das artes, a ciencia e a cultura. Todo iso baixo as premisas de unir e canalizar á participación.

Visión
Visión

Dende a súa función de servizo público, RTVE mantén a vocación de ser o medio de comunicación de referencia en España. Quere estar presente en todos os acontecementos sociais relevantes e ser un espello no que se vexa reflectida en toda a súa variedade e riqueza a realidade nacional e internacional. Realizará o seu traballo con criterio estritamente profesional e atendendo a encomenda de difundir valores constitucionais.

Valores
Valores

RTVE defende e promociona en toda a súa programación os valores constitucionais, especialmente os de liberdade, igualdade, pluralismo e tolerancia, sobre os que se asenta a convivencia democrática. Os valores de RTVE márcaos a lei e reflíctense no que facemos.

Encuentros responsables
anterior siguiente