Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 09/03/15 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 09/03/15

09/03/2015 00:28:07
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 09/03/15 Telexornal-Galicia - 09/03/15
Telexornal-Galicia - 09/03/15 00:28:07 09/03/2015
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Desaparecido un mariñeiro de Burela no incendio dun pesqueiro galego en augas peruanas. Trátase do xefe de maquinas do barco Guariste Primeiro, de orixe peruana pero con dobre nacionalidade. Entre os 13 tripulantes da embarcación rescatados hai outros tres galegos de Ribeira e o Morrazo // Funerais en Lugo polo que fora Presidente da Deputación Provincial durante 24 anos e un dos baróns do PP Galego, Francisco Cacharro. Faleceu onte aos 78 anos de idade e a súa capela ardente estivo instalada na sede do organismo provincial onde recibiu numerosas visitas e mostras de pésame // Aprazado na Coruña o xuízo polo presunto secuestro dun home de nacionalidade senegalesa ao que os 7 acusados presuntamente retiveran nunha casa da localidade de Pontedeume e logo meteran no maleteiro dun coche. A presunta vítima non se presentou e agora vai ser buscado pola policía e mesmo se vai pedir a colaboración da Interpol. 09/03/15

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano