Galicia Informativos   Crónica de Galicia-20/05/2013 20/05/2013 49:32

O presidente da Xunta recibiu á delegación da Unión Europea que ven a Galicia a comprobar o uso dos fondos asignados á comunidade. Previamente, reuniuse co ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo.

Outra cita hoxe en Santiago: r4epresentantes de Fomento e dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo reúnense para constituir o Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia.

Os sindicatos de Ferrol convocan folga xeral na comarca, no Eume e en Ortegal o 12 de xuño contra a crise, o paro e a situación desesperada -din- na que se atopan moitas familias.

Comenza na audiencia da Coruña o xuizo pola morte a coiteladas dun mozo colombiano: a principal encausada é unha muller coa que mantivo relacions, e que, segundo o fiscal, ordenou o crime ó enterarse de que o xove tamén estivera coa filla, de 15 anos.

Galicia Informativos
Más opciones