Galicia Informativos   Crónica de Galicia-22/04/2013 22/04/2013 50:13

Alberto Núñez Feijoo dixo en Madrid que a campaña de desprestixio que se tentou contra él polas fotos con Marcial Dorado nos 90 agora vai dirixida contra o xuiz que levou ó cárcere ó narco arousán. O portavoz parlamentario do Ps de G, Abel Losada, nega que exista ningunha campaña de desprestixio contra o presidente da Xunta e sinala que xa se desprestixia él só cando aparece xunto a un narcotraficante.

Portavoces dos afectados polas preferentes comparecerán na comisión parlamentaria que investiga á fusión das caixas. Tamén declararán a auditora que avalió a fusión e os principais dirixentes políticos que a defenderon.

O ministro de Pesca Arias Cañete reclama na Unión Europea mais flexibilidade no veto ós descartes e que se inclúan nas negociacions os acordos de pesca con Mauritania e Marrocos. Dous traballadores morren en senllos accidentes laborais en Carballo: un ó caer dun tellado e outro ó envorcar un tractor.

Galicia Informativos
Más opciones