Galicia Informativos   Crónica de Galicia-30/04/2013 30/04/2013 48:12

Nova Galicia Banco comunicou hoxe as contas do ano pasado á Comisión Nacional do Mercado de Valores. As perdas que rondan os 8.000 millons de euros supoñen multiplicar por mais de 40 ás da entidade en 2011.

-Presenta a demisión como conselleiro de Pescanova Antonio Basagoiti, ex presidente de Banesto e Unión Fenosa: un día despois de que a empresa recurrise a decisión do xuiz de apartar da xestión á cúpula directiva. Pescanova alega que os administradores concursais acabarán por liquidar á compañía.

-A conselleira de Sanidade achaca o incremento das listas de espera do SERGAS á Semana Santa e ás obras no hospital da Coruña.

-Portavoces de 38 organizacions guatemaltecas denuncian na Coruña os abusos e violacions contra os indíxenas do país centroamericano por opoñerse a un proxecto hidroeléctrico promovido por un empresario coruñés nas súas terras.

Galicia Informativos
Más opciones