Galicia Informativos   Crónica de Galicia-13/05/2013 13/05/2013 49:47

O presidente da Xunta anunciou que antes de que acabe o actual período de sesions, o 30 de xuño, presentaráse a proposta para reducir o número de escanos na cámara galega. O obxetivo é aforrar cartos, dí Núñez Feijoo. A oposición critica a medida, cuestiona o aforro e asegura que persegue en realidade limitar o traballo do poder lexislativo.

-En Ourense, os grupos do concello agás Democracia Ourensá chegan a un acordo para regular os gastos das asignacions. Quedarán excluidas as comidas sen trascendencia pública e as bebidas alcohólicas de alta gradación.

-O administrador concursal de Pescanova negocia coa banca acreedora as condicions para conseguir un préstamo de 50 a 60 millons.

-20 artistas participarán na véspera do Día das Letras Galegas nun concerto dedicado ós Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Galicia Informativos
Más opciones