Galicia Informativos   Crónica de Galicia-27/03/2013 27/03/2013 49:17

O presidente da Xunta defendeu ampliar o copago dos comedores escolares en función da renda. O líder dos socialistas ameaza con levar a medida ó Constitucional.

Tamén enfrontamento no pleno do Parlamento polas preferentes. O portavoz do grupo do BNG Francisco Jorquera instou a Feijoo a demitir mentres o presidente da Xunta culpou do problema ó goberno de Zapatero.

Mentres, seguen as protestas dos afectados.

Satisfacción entre os colectivos culturais pola decisión do Parlamento de instar á Xunta a que paralice definitivamente as obras pendentes da Cidade da Cultura. O escritor Xesús Alonso Montero anuncia a súa candidatura a presidir a Real Academia Galega. Sería a primeira vez que houbese dúas candidaturas, xunto á lista xa anunciada do filólogo Manuel González.

Galicia Informativos
Más opciones