Galicia Informativos   Crónica de Galicia 22/03/2013 22/03/2013 49:28

Mais de 43 mil afectados polas preferentes están pendentes en Galicia da decisión que tome o FROB sobre a quita que perderán dos seus aforros. Hoxe, houbo manifestación dos afectados en Vigo, onde cortaron o tráfico, e tamén en Baiona, onde estivo o presidente da Xunta.

Os traballadores de Navantia en Ferrol rexeitan o anuncio do presidente da SEPI quen fala de posibles reduccions de persoal ou rebaixas de salarios. A conselleira de Sanidade afirma que Galicia manterá, de momento, a vacina contra o neumococo, a pesar de quedar fora do calendario único acordado entre as comunidades autónomas e o ministerio de sanidade.

Galicia Informativos
Más opciones