Galicia Informativos   Crónica de Galicia-14/05/2013 14/05/2013 49:24

O alcalde de Lugo Xosé López Orozco anuncia unha querela contra os xornais El Faro de Vigo, La Opinión e La Nueva España. Falan dun suposto auto da xuiza da Operación Pokemon relacionandoo con pagos mensuais de 2.000 euros a Orozco e ó ex concelleiro Francisco Fernández Liñares, tamén imputado na operación, pola empresa concesionaria do guindastre.

-O presidente da Xunta pide ó ministro Luis de Guindos discriminación positiva para as comunidades que cumpren co obxetivo do déficit, como Galicia.

-O pleno do Parlamento aproba por unanimidade tomar en consideración unha iniciativa lexislativa popular que quere promover a lusofonía, para impulsar as relacions económicas e culturais de Galicia en todo o mundo luso falante.

-En Lugo a policía e a garda civil buscan ós responsables da sabotaxe a 18 camions. O móvil: a guerra de prezos entre transportistas.

Galicia Informativos
Más opciones