Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/08/13 15/08/2013 49:09

- A empresaria galega Rosalía Mera, cofundadora de Inditex e considerada como a muller máis rica de España, xa foi trasladada a un hospital da Coruña. Este mércores fora ingresada en Menorca tras sufrir un derrame cerebrovascular e posterior parada cardiorrespiratoria.

- Controlado o incendio forestal de Nogueira de Ramuín, en Ourense, tras queimar 75 hectáreas nos Canóns do Sil. Segundo Medio Rural, neste mesmo concello rexistráronse outros tres lumes. Un deles aínda continúa activo.

- A ponte festiva deixa un cen por cen de ocupación hoteleira en moitas zonas do litoral. En localidades do interior como Ourense baixan ata o 25 por cento.

Galicia Informativos
Más opciones